sábado, 21 de enero de 2012

A mosca "Beyoncé".

Un entomólogo da Organización para a Investigación Industrial e Científica da Mancomunidade de Australia (CSIRO), Bryan Lessard decidiu rendirlle homenaxe á diva do pop bautizando a una especie de mosca como “Scaptia (Plinthina) beyonceae”, debido á similitude entre a cor dorada do insecto e o atuendo da cantante no video da canción “Bootylicious”.

A parte inferior do abdome da mosca, que habita no norte do estado australiano de Queensland, é dorado, a mesma cor que ten Beyoncé cerca das súas cadeiras cando grabou esta canción en 2001, con Destiny’s Child, antes de iniciar a súa carreira en solitario.

A mosca foi recolectada nunha zona do oeste de Caims, no noreste australiano, en 1981, o mesmo ano en que naceu a cantante.


A maioría destas moscas foron descritas anteriormente, pero cinco novas especies do subgrupo plinthina, á que pertence “beyonceae”, foron gardadas en coleccións australianas dende a década dos sesenta.

Estas moscas da especia “Scaptia” son moi importantes para a polinización das plantas, aínda que se consideran unha peste, como por exemplo para os eucaliptos, dos que beben o seu néctar.

Non é a primeira vez que un insecto é bautizado en honor a un artista, xa que unha araña recibo o nome do cantautor Neil Young. Lessard explicou que bautizar desta maneira á mosca lle da a oportunidade de demostrar “o lado divertido da taxonomía”.

Fonte de información: http://www.elmundo.es/elmundo/2012/01/13/ciencia/1326457834.html

Vera Pérez Rodríguez Nº 18 1º Bach. E

No hay comentarios: