lunes, 16 de enero de 2012

Nacen os primeiros monos a partir dunha mestura embrionaria de seis primates.




Producíronse monos a partir dun cultivo de células que representan seis xenomas distintos. Mesturaron embrións de tres parellas de Macacos rhesus e implantáronos no uteros de femias, logrando o nacemento de dous macacos xemelgos chamados Roku e Hex. Chamánse 'monos quiméricos' pola tradición literaria para referirse a un demonino especialmente monstruoso ou tamén un animal mitolóxico con cabeza de león, ventre de cabra e cola de dragón. Os científicos de Oregón sinalan que os recen nacidos son normais e saudables e que se logrou un grande avance científico, posto que ata agora a investigación 'con animais quiméricos' se limitara en boa medida aos ratos.

A clave estaba en mesturar células de embrións moi novos, cando cada célula embrionaria era totipotente (as células totipotentes, pode crecer e formar un organismo completo)-Shoukhrat Mitalipov, o científico do Oregon National Primate Research á fronte da investigación indica que as posibilidades para investigación biomédica destes animais conseguidos son enormes e se verá nun futuro próximo. De todos xeitos afírmase que non hai ningunha idea de realizar esta técnica na creación de híbridos humanos ou humanos quiméricos.




Abraham Otero Fernandez Nº22 1ºBACH. D



2 comentarios:

IES Otero Pedrayo (Ourense) dijo...

Abraham mira agora o teu post e dime que che parece.
Mcarmen

Unknown dijo...

Muy ben, moitas grazas