domingo, 22 de abril de 2012

Un invento obtén auga potable do aire.

A medida que pasan os anos, o problema da auga potable agudízase.
A turbina WMS1.000 de EoleWater é capaz de recoller a auga que se encontra no aire grazas a un condensador de humidade. É capaz de funcionar durante anos, producindo 1.000 litros de auga potable ao día, sen perigo de esgotar a fonte nin contaminar o ambiente. A turbina eólica "atrapa" a humidade incluso en zonas desérticas.
A turbina extrae a auga, fíltraa e logo remineralízaa. A empresa, que ten a súa sede nunha pequena localidade francesa, ten plans de construír modelos capaces de producir entre 5.000 e 10.000 litros de auga potable.
Enlace: http://www.abc.es/20120420/ciencia/abci-invento-transforma-aire-agua-201204201210.html
Lucía Sánchez Corral 1ºBach. D.

No hay comentarios: