domingo, 22 de abril de 2012

Unha xigantesca reserva de auga no subsolo africano.



Según un mapa xeolóxico elaborado por científicos británicos, África pode estar sobre unha enorme reserva de auga subterránea, cun volume total de medio millón de kilómetros cúbicos, vinte veces o auga procedente de precipitacións anuales no continente, que podería aliviar a sede de máis de 300 millóns de africanos.

Estes acuíferos non proveñen de acumulacións de precipitacións ou filtracións da terra senón que teñen aproximadamente 5.000 anos, tempo no que o Sahara estaba composto por numerosos lagos e vexetación de sabana, antes da gran desertización.

Algúns pozos encóntranse a 25 metros de profundidade e poderían ser explotados fácilmente pero outros, a 250 metros, precisarían infraestruturas moito máis caras e complexas, eso sí, non precisariamos tratamento da auga porque a súa calidade é moi boa.

Enlace : http://www.abc.es/20120420/ciencia/abci-gigantesca-reserva-agua-aparece-201204201311.html
Esperemos que adiquen este gran descubrimento para as persoas que viven no propio continente..

Raquel Barreiros Novoa 1º BACH - D .

No hay comentarios: