sábado, 13 de octubre de 2012

Morre aos 58 anos Keith Campbell, un dos pais da ovella Dolly



O biólogo británico Keith Campbell, un dos pais da ovella Dolly, faleceu o pasado venres aos 58 anos de idade.

Campbell, experto en microbioloxía e doutor na universidade de Nottingham foi un dos catro membros do equipo científico do Instituto Roslin de Edimburgo (Escocia) que en febreiro de 1997 anunciou o nacemento da ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado a partir de células adultas dun exemplar de seis anos. A Campbell atribúeselle ata o 66 por cento da investigación.

Desde o nacemento de Dolly, a clonación animal avanzou a gran velocidade e ata o momento xa se clonaron unha gran variedad de mamíferos como ovellas, porcos, cabras, cabalos, cans e gatos.

Na década de 1980, o biólogo escocés uniuse ao Marie Curie Institute, institución que lle concedeu unha beca para investigar sobre os mecanismos de crecemento e diferenciación celular relacionados co cancro, polos que se mostrou cada vez máis interesado.

Se o lembrades, Dolly foi creada cunha célula da ubre dunha ovella e un óvulo que permitiu ler a información xenética que trae o núcleo da célula.

Un ano despois de este experimento, Dolly foi apareada naturalmente cun carneiro a finais de 1997 e tivo cría. Trátase de Bonnie, de 2,7 kilos, que naceu o 13 de abril de 1998.

O experimento da vida de Dolly significou un importante avance científico para a humanidade, pola súa contribución á loita para combatir certas enfermidades, sobre todo o cancro e por mellorar a elaboración dalgúns fármacos e facilitar a selección de linaxes na gandaría.

O enorme adianto para a ciencia que supuxo a clonación da ovella Dolly reabriu no mundo científico o debate sobre a posibilidade de clonar seres humáns e planteou interrogantes éticos, poñendo de manifesto a necesidade de encher o vacío legal existente en relación cos avances da enxeñería xenética.

No outono de 2001, aos cinco anos, Dolly desenvolveu artritis comenzando a camiñar dolorosamente, sendo tratada con medicamentos antiinflamatorios.

O 14 de febreiro de 2003, Dolly foi sacrificada debido a unha enfermidade progresiva pulmonar.

Enlaces:



Paula Meixeiro Calvo, 1º Bacharelato D

1 comentario:

Unknown dijo...

Noticia moi oportuna, falaremos da clonación no tema de Biotecnoloxía.