jueves, 11 de octubre de 2012

O Yoda submariño


No último número da revista Invertebrate Biology descríbese unha nova especie de verme submarino, descuberta nunha expedición científica nas profundidades do Atlántico (a 2’8 km de profundidade) entre Islandia e as Azores. Déuselle o nome de Yoda Purpurata polo seu parecido ó famoso personaxe da Guerra das Galaxias, saga cinematográfica do coñecido director George Lucas.
Este nome é causa das semellanzas entre as orellas do mestre Yedi e os longos labios deste verme. Como o seu propio nome indica, é de cor púrpura avermellado e non verde como Yoda.
Pero o importante deste descubrimento non son estas similitudes, senón que da unha certa idea da evolución dos vertebrados, según o profesor Monty Priede, da Universidad de Aberdeen.
Como dato interesante, non é a primeira especie que recibe o nome dun famoso: Caloplaca obamae (liquen cun nome relacionado con Barack Obama), Aegrotocatellus jaggeri (Trilobites: Mick Jagger), Gnathia marleyi (Parasito: Bob Marley), Goetheana shakespearei (Avespa: Goethe e William Shakespeare), Scaptia beyonceae (Tábano: Beyoncé), Agra katewinsletae (Escaravello: Kate Winslet), … E moitos outros relacionados con George Bush, Adolf Hitler ou Robert Bakker (paleontólogo estadounidense).


Enlaces:
http://www.muyinteresante.es/diez-especies-con-nombres-de-personajes-famosos

Antía Quintana Gallego, 1º Bacharelato A

1 comentario:

Unknown dijo...

Se tes como optativa Bioloxía, recorda esta noticia cando chegues o tema da clasificación dos seres vivos.