viernes, 16 de noviembre de 2012

Agora xa sabemos por que o marrau come de todo

A revista Nature acaba de publicar un traballo sobre un dos animais máis coñecidos e aproveitado polo galegos, isto é; o porco, ou marrau ou cocho, que todos estes nomes recibe en galego. Agora sabemos por que come de todo, é dicir, porque é omnívoro.Un grupo de máis de 150 científicos de 12 países, entre eles un español, acaba de secuenciar o seu ADN xunto co de varios xabaríns. Isto pode ter grandes implicacións en biomedicina xa que observaron que o porco presenta varias mutacións cuxo efecto en humanos tense asociado a un maior risco de padecer enfermidades como o alzeimer, a diabete ou a dislexia. Ademais a secuenciación permitirá estudar mellor os riscos dos xenotransplantes ( transplantar con tecidos de especies distintas á humana).
Agora sabemos tamén que o porco pode comer o que non comen outras especies  porque non é sensible ao sabor amargo e iso está presente nos xenes relacionados co sentido do olfacto e a percepción do sabor. Os científicos observaron que estes xenes evolucionaron dunha maneira totalmente distinta  a como o fixeron no home ou noutras especies.
A secuenciación tamén demostrou que un 30% do xenoma das razas que hoxe coñecemos é de orixe china de onde parece proceder o antergo do porco pero iso si, parece ser que o cerdo ibérico nunca foi cruzado con razas asiáticas.
O que tamén está ben claro  é o ben que sabe, e aínda que non probei o porco chino coido que nunca igualará aos nosos chorizos ou androllas.













Brais Casas Fernández       1ºD

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Noticia moi ben redactada.
Do porco aprovéitase todo, so ten un problema... a súa carne é a que máis eleva o nivel de colesterol. Polo tanto debemos saber que non debemos abusar.