miércoles, 14 de noviembre de 2012

ATOPADA A ESTRELA MÁIS PRÓXIMA AO BURATO NEGRO DA VÍA LÁCTEA

A famosa estrela atopada chámase S0-102 e tarda 11,5 anos en completar a súa órbita ao redor do burato negro do centro da nosa galaxia chamado Sagitario A.
Localizouse dende o observatorio W.M. Keck en Hawai grazas a un archivo de imaxes de alta resolución obtidas nos últimos dezasete anos.

Esta investigación que están realizando diversos científicos de EEUU, Canadá e do CSIC en España axudará a coñecer como funciona a lei da gravedade en entornos extremos e coñecer con máis profundidade os buratos negros supermasivos.

Conta o científico Schödel ( traballador do CSIC) que agora que se coñecen dúas estrelas con orbitas próximas ao burato negro podese comprobar a teoría da relatividade xeral baixo condicións de gravedade extrema.

A outra estrela coñecida que orbita ao redor de Sagitario A chámase SO-2.
O científico xa nombrado antes Schödel, desarrollou un método de análisis da imaxen que permite detectar estrelas que antes pasaban desapercibidas. Grazas a este método puidemos seguir a órbita da SO-102 durante dez anos.
Os buratos negros constitúen un bo entorno para verificar o efecto da curvatura do espazo-tempo que é a causante dos efectos gravitatorios que rixen o movemento dos corpos.


AS ESTRELAS EN RELACIÓN CO BURATO NEGRO

As estrelas SO-2 e SO-102 debuxan órbitas elípticas ao redor de Sagitario A, pero créese que non son elipses pechadas xa que o movemento destas á afectado pola curvatura espazo-tempo que provén do burato negro e causa que a órbita non termine de pecharse.
Non se pode medir desviación na SO-2 porque a masa deses corpos contribue ás alreración da órbita. Precisábanse polo menos dúas estrelas coas que poder medir a alta precisión para entender os efectos da Relatividade Xeral e o da masa ao redo de Sagitario A.

Medir os efectos da gravedade sobre as órbitas estelares é moi ineresante porque a gravedade é a menos coñecida das catro forzas fundamentais. –Schödel.


ENTREVISTA DE VOZ A XABIER BARCONS

Adxunto unha entrevista de voz na que Xabier Barcons, presidente do consello do observatorio europeo Austral, nos fala sobre este tema. MOI INTERESANTE!!!


FONTES DE INFORMACIÓN



Sara Fernández Álvarez 1º Bach - A


1 comentario:

Unknown dijo...

Sara oxalá co teu traballo animes aos teus compañeiros e compañeiras a afondar sobre o tema.