sábado, 10 de noviembre de 2012

O CURIOSITY, POLO MOMENTO, NON ENCONTROU METANO EN MARTE


Os científicos teñen un misterio sen resolver respecto a existencia de metano no planeta Marte.
Alí mandaron ao rover Curiosity para intentar resolvelo mais polo momento non o conseguiron. Os resultados preliminares revelan que “olfateou pouco  ou nada” polo que neste momento segue permanecendo a dúbida de se a liberación do metano á atmosfera por parte do planeta vermello é provocada por procesos xeolóxicos ou tamén biolóxicos. Precisamos resolver este enigma para confirmar se estamos ante a primeira seña evidente da existencia de vida en Marte ou non.

A diferencia que en Marte, na Terra o metano encóntrase na atmosfera procedente de organismos vivos, aínda que podería influir os procesos biolóxicos.

O metano foi detectado no planeta vermello no 2003, anos máis tarde observáronse columnas de metano o que indicaba que en lugares concretos deste plañera preto do ecuador poderían encontrarse balsas de vida.

Hai diversas opinións de cómo podería haber chegado este gas aquí como por exemplo a través de meteoros estrelados contra o planeta, ser o resultado de procesos químicos ou biolóxicos (que é o que intentan descubrir co Curiosity) ou pola existencia de vida baixo a superficie do planeta, bacterias según eles que sobrevivan no interior do planeta.

O Curiosity marchou as terras marcianas en busca de metano dentro da atmosfera do planeta utilizando un espectómetro láser para rastrear mostras de aire. Apenas obtivéronse dúas mostras que estaban vacías de metano pero os científicos afirman que non perden a esperanza e que ese resultado negativo das probas podería cambiar. Pero no que si axudou moito o robot foi a mellorar a comprensión do que lle pasou á atmosfera marciana que é cen veces máis delgada ca da Terra na actualidade e a determinar polo tanto se o planeta puido ser habitable.

Científicos pensan que anteriormente existiron niveles máis altos de metano so que foron destruidos por outros gases ou por tormentas. Dado todo isto, non están seguros qué puido provocar o metano anteriormente.



--> Qué cres ti que puido pasar co metano que antes había e que agora non se detecta?
--> Pensas que a liberación do metano en Marte é por causa dos axentes biolóxicos e que polo tanto pode existir vida alí?
--> Por qué a atmosfera marciana é cen veces menor ca da Terra?


FONTES DE INFORMACIÓN:

Sara Fernández Álvarez 1º BACH-A

2 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Sara, interesante noticia. Animaránse os teus compañeiros a contestar ás preguntas?

EXDLV dijo...

En el caso de Marte, los investigadores sabían que iba a ser difícil encontrar compuestos orgánicos porque su tenue atmósfera no es capaz de absorber la radiación ultravioleta del Sol, y ésta destruye con mucha facilidad las moléculas orgánicas.
Marte, como los demás planetas de tipo terrestre (excepto Mercurio), posee atmósfera. En la actualidad, la atmósfera de Marte es mucho más tenue que la terrestre (unas 100 veces menos densa). Esto hace que en Marte la presión atmosférica media sea de unos 7 milibares, mientras que en la Tierra se alcanzan 1024 milibares. Debido a la baja presión las plantas en Marte se secarían*.

Hay dos motivos por los cuales la atmósfera de Marte contiene menos gases que la atmósfera terrestre:

1, La pequeña masa del planeta (el 10% de la masa terrestre), insuficiente para retener una atmósfera densa. Cada segundo Marte pierde 100 kg de atmósfera.
2, La pérdida de gases que se ha producido a lo largo del tiempo.

Pero sabemos que Marte debió de tener en el pasado una atmósfera mucho más densa y caliente que permitió la existencia de agua líquida en su superficie. La transición a una atmósfera poco densa y fría ocurrió hace unos 3.500 millones de años según se desprende de los cráteres que pueblan su superficie

CARLOS ALVAREZ SABUCEDO, 1ºBACH A