domingo, 11 de noviembre de 2012

O mel de cores


Un grupo de apicultores da zona francesa de Ribeauvillé, na rexión de Alsacia ó nordeste do país, quedaron abraiados ó descubrir o pasado verán, que as súas abellas producían mel de estrañas cores: verde, marrón chocolate e azul. 
A unión de apicultores, alarmados, decidiron indagar as razóns deste doce misterioso. Para dar coa fonte, observaron a  pegada das patiñas das abellas e comprobaron que non eran amarelas como correspondería ó beber o néctar das flores, senón de tons máis vistosos e pouco naturais.         




Despois de meses de investigación, descubriron ás abellas comendo desfeitos azucrados dunha planta de biogás situada a 4 km das colmeas, que xestiona os residuos da empresa Mars, concretamente do produto
(os lacasitos americanos). Resulta estraño que as abellas desprazáranse tanto tendo en conta que o seu radio de acción non supera a distancia de 1 km á hora de buscar o néctar. O forte olor doce dos residuos e a fácil accesibilidade ó produto deberon ser as causas principais do anormal desprazamento das abellas.
A compañía desculpouse cos produtores apícolas e comprometeuse a efectuar a carga e descarga dos contenedores nunha zona cerrada onde as abellas non poidan acceder. Mentres, os apicultores terán que  esperar á próxima colleita para poder negociar con este produto, posto que esta nova variedade de mel non foi aceptada para ser comercializada, xa que se descoñecen as repercusións que pode causar ao ser inxerida.




Fontes de información:

http://www.quo.es/ciencia/noticias/abejas_que_dan_miel_de_colores
http://www.lne.es/sociedad-cultura/2012/11/09/abejas-francesas-producen-miel-colores-chupar-mms/1324450.html

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Iago, cando o vídeo sexa moi grande fai o seguinte:
Vai a entrada en formato htlm, verás o link que insertaches do vídeo. Comproba o ancho o teu vídeo. Neste caso tiña 560 eu reducino a 500 e quedou mellor.
Noticia moi interesante e curiosa.