jueves, 27 de diciembre de 2012

A COMPLEXA ATERRAXE DO CURIOSITY, O CUARTO ACHADO MÁIS IMPORTANTE DO 2012

Tras meses de viaxe, o Curiosity realizaba o 6 de agosto unha complexa aterraxe nunca antes ensaiada. Antes da chegada deste, xa se predecía unha difícil aterraxe, porque en anteriores ocasións isto xa ocurrira, como foi no caso do Mars 2, Mars 3, Phobos 2, etc. Este grao de dificultade débese a dous factores: unha gravedade superficial menor que a terreste e unha atmósfera moi pouco densa.
Así pois, a aterraxe do Curiosity foi a seguinte:

A cápsula que transportaba ao Curiosity alcanzou a atmósfera do planeta roxo sete minutos antes da aterraxe, cunha velocidade de 20.000 km/h.
Nos primeiros catro minutos, a fricción da atmósfera reduciu a velocidade ata os 1.500 km/h, pero a cápsula alcanzou temperaturas altísimas que logrou superar grazas a presenza dun escudo térmico. A cápsula freou aínda máis grazas a un xigantesco paracaídas, tal e como se planificara. 
Na fase final da aterraxe, unha plataforma voadora con retrocohetes desprendeuse da cápsula. Aos 20 metros de altura e 20 segundos antes da aterraxe, a plataforma soltou o Rover colgándoo de tres cables de nailon de 6 metros cada un. Despois de poñelo suavemente na superficie do planeta, o Curiosity despregou as súas seis patas de rodas e iniciou a súa aventura en Marte.
Cientícos de todo o mundo festexaban a aterraxe do Curiosity no cráter Gale, que foi bautizada como : os sete minutos de terror.

1 comentario:

Unknown dijo...

Faltan as etiquetas e as fontes.