sábado, 27 de octubre de 2012

Un mapa da nosa galaxia máis preciso


Un equipo de astrónomos elaborou un mapa moito máis detallado da Vía Láctea grazas ó telescopio do Observatorio Europeo Austral (ESO). Este catálogo de máis de 84 millóns de estrelas foi creado a partires das imaxes que foi captando o telescopio de sondeo Vista
O número de estrelas  que había anteriormente recontado é dez veces inferior ó obtido neste estudo. Isto supón un avance para o coñecemento da nosa galaxia.O mapa resultante deste proxecto é tan grande que se quixéramos imprimilo ca resolución típica dun libro, as súas medidas serían 9 metros de largo por 7 metros de ancho.
En torno ó centro das galaxias espirais, como a Vía Láctea, adóitanse acumular un gran número de estrelas vellas. Observando en detalle estas estrelas no mapa, poderase entender mellor a orixe e formación do núcleo da nosa galaxia, e en xeral de todas as galaxias espirais (como a  nosa galaxia máis próxima, Andrómeda).
Deixo un enlace á web da ESO, cun vídeo do novo mapa: “Zooming in on VISTA’s view of the centre of the Milky Way”.http://www.eso.org/public/videos/eso0949f/



Enlaces:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

No hay comentarios: