sábado, 26 de enero de 2013


EL NIVEL DEL MAR SE ELAVARÁ 1,6m

Unha investigación que levaron a cabo máis de 200 científicos durante os 6 últimos anos, deu a coñecer que o desxeo no Ártico elevará o nivel do mar entre 0,9 e 1,6 metros en 2100 en relación aos datos de 1990.Isto suporá un gran perigo para as persoas que habitan en zonas costeiras e pequenas illas.

Lars-Otto Reirsen,secretario executivo do GSACA (Grupo de Seguimento e Avaliación do Consello Ártico) explicou que coa publicación de estes datos quérese achegar a sociedade civil ao coñecemento dos cambios tan acelerados que está a sufrir o planeta.

O maior incremento de temperatura produciuse durante o outono nos lugares nos que máis xeo se perdera durante o verán, o que indica, segundo o informe, que o mar absorbeu máis enerxía do sol durante o período estival devido a inexistencia dunha capa cuberta xeada.



FONTES DE INFORMACIÓN:




BRUNO CRUZ GONZÁLEZ 1ºBAC A

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Credes que os nosos comportamentos contribuen o desxeo?