sábado, 26 de enero de 2013

POR QUE SE NOS ENRRUGAN OS DEDOS Ó MOLLALOS?


Nunca vos parastes a pensar por que os nosos dedos se enrrugan no auga? Un grupo de investigadores da Universidade de NewCastle (Inglaterra, Reino Unido) danos unha posible resposta. Realizouse un experimento no que os voluntarios tiñan que recoller pedras de vidro somerxidas nun recipiente con auga cunha man e despois pasalas por un oco pequeno para depositalas na outra man que estaba noutro contenedor. O resultado obtido foi que as persoas que tiñan os dedos enrrugados fixeron a acción máis rápido que os que tiñan os dedos lisos.

As conclusións sacadas deste experimento foron que nos é máis doado manipular obxectos húmidos así que cos dedos secos. "Se o sistema nervioso está controlando activamente este comportamento nalgunhas circunstancias e noutras non, é evidente que hai unha función específica que o sistema evolutivo seleccionou ", dixo á BBC o doutor Tom Smulders, do Centro para a Evolución e Conducta de Newcastle. O estudo destaca que estas enrrugas poderían haber beneficiado ós nosos antepasados xa que lles axudaban a recoller vexetais en zonas húmidas. "E observando as nosas plantas de los pés, chegamos á conclusión de que o seu enrrugamento nos permitía correr mellor baixo a chuvia", engade Smulders.

Comprobouse ademais que, cando nos aparecen esas enrrugas, os nosos vasos sanguíneos se contraen ó estar en contacto  ca auga, polo que é unha reacción dirixida polo noso sistema nervioso simpático.

Fontes de información:




Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

1 comentario:

Unknown dijo...

Seguro que funcionou a selección natural.