sábado, 16 de febrero de 2013

Hai algunha relación entre o asteroide e o meteorito de Siberia?

    Segundo os científicos da NASA, o percorrido do meteorito que caeu en Rusia non en nada que ver có do asteroide 2012 DA14. Nos vídeos que recolleu a NASA, móstranos como o meteorito pasa de esquerda a dereita, é dicir, de norte a sur, polo sol; e en cambio o asteroide levaba unha dirección diferente, de sur a norte. Coas fontes recollidas, o español Josep M. Trigo-Rodriguez do CSIC e o canadense Peter Brown da universidade de Ontario; chegaron á conclusión de que o meteorito que chocou en Siberia, pesaba unhas 7.000 toneladas, tiña un diámetro de 15 metros e a súa velocidade era de 18 km/s. Trigo engadiu que non se descarta a posibilidade de que o meteorito desprenderase do asteroide 2012 DA14, debido a súa rotación e a gravidade da Terra, xa que en casos anteriores isto pasara con outro obxectos similares a este meteorito. "Se o meteorito tivera que ver con asteroide, presentaría outra dirección de voo" afirmaba Rainer Krefken dende o centro de control de voos. Por outra banda, atopámonos con que Aleksandr y. Dudorov, físico da Universidade de Chalyabinsk, apoia a teoría de que o meteorito provén do asteroide 2012 DA14.


    Dúas teorías que se enfrontan, na que os científicos posicionanse e explican como debeu acontecer este suceso; hai moitos datos que xa saíron á luz, pero moitos outros que aínda faltan por resolver. Haberá algunha outra teoría sobre a colisión deste meteorito que deixou máis de mil duascentas persoas feridas? 

http://www.youtube.com/watch?v=Van_GYxJxW0

Fontes:
http://www.abc.es/ciencia/ciencia.asp

1 comentario:

Unknown dijo...

Na ciencia as hipoteses deben probarse. A razón a terán os científicos que demostren a súa tese.