sábado, 23 de febrero de 2013

Un océano de magma en Mercurio


A misión do Messenger ,unha sonda enviada no ano 2004 pola NASA por un cohete delta II cun peso de 485 quilogramos. Logrou colocarse nunha órbita de 15000 km  arredor de Mercurio o 18 de Marzo de 2011 .


 Gracias a esta sonda os científicos do Instituto Tecnolóxico de  Massachusetts (MIT) lograron ver indicios de que Mercurio poido ter un xigantesco océano de magma pouco despois da súa formación fai uns 4.5oo millóns de anos .
 A sonda recolleu datos que permitiron identificar dous tipos distintos de rochas na superficie, que serían formadas por distintos procesos xeolóxicos .Para poder solucionar esta cuestión os investigadores recrearon dous tipos de rochas no laboratorio e as someteron a distintos tipos de temperaturas e presións . 
 O resultado destas investigacións fixo pensar ós científicos que o único proceso que podería dar lugar a este fenómeno sería un gran océano de magma que deu lugar a duas capas diferentes de cristais ,solidificados, que logo de fundirse en magma entrou en erupción.
 O profesor Timothy Grove explicou que este océano podería terse formado fai 4.500 millóns de anos xa que a corteza de este planeta ten 4.ooo millóns.


Fontes :http://www.abc.es/ciencia/20130223/abci-oceano-magma-mercurio-201302221722.html
             http://www.bbc.co.uk/mundo/ultimas_noticias/2013/02/130216_ultnot_mercurio_planeta_origen_dc.shtmlhttp://www.rpp.com.pe/2012-03-22-sonda-messenger-brinda-un-panorama-inesperado-de-mercurio-noticia_463863.html
Lucía Barreiros González 1ºA 

2 comentarios:

Unknown dijo...

Poderías indicar as etapas do método científico que aparecen no teu artigo?

Unknown dijo...

1. Lanzouse o Messenger no 2004 para estudar Mercurio.
2. Logrouse poñer en órbita con dito planeta o 18 de Marzo do 2011.
3. Grazas a sonda enviada, déronse conta de que había dous tipos de pedras de dous tipos de formación diferentes.
4. Para saber súa orixe, someteron duas pedras a distintas temperaturas.
5. ¿Conclusión?: Océano de magma que deu a duas capas diferendes de rochas.