sábado, 23 de febrero de 2013

Novas probas sobre a orixe da vida


   Cada vez, conseguimos máis probas de que a teoría da orixe da vida en fontes hidrotermais é correcta. Esta teoría foi proposta por William Martin e Michael Russel no ano 2002 e dicía que a orixe da vida, orixinouse nos fondos mariños grazas a seres como as bacterias quimiosintetizadoras (é dicir, que extraen a súa enerxía dos compostos químicos)
   Neste caso, no Caribe, nas illas Caimán, a 6.500 metros por debaixo do nivel do mar, atopáronse volcáns submarinos que poden alcanzar temperaturas de ata 400ºC e a súa presión, é de 500 atmosferas. Grazas ao robot ISIS, creado pola Universidade Southampton e o Centro de Oceanografía Nacional, descubríronse novas especies coma larvas ou langostinos cegos que desenrrolaron un órgano que lles permite detectar as fontes de calor. A maioría dos seres que habitan aí, aliméntanse dos químicos que as fumarolas emiten e que son depositados no fondo do mar pola mestura de auga de mar e auga magmática. Outros organismos, sen embargo, sobreviven grazas aos desperdicios que o mar deposita nas profundidades, como as medusas levadas pola corrente, os osos da baleas, etc.
   As fontes hidrotermais son difíciles de gravar debido as altas temperaturas, pero o director James Cameron, firmou profundidades mariñas para a súa película "The Abiss". Agora, filmou a fosa das Caimán en 3D e desta aventura, rodouse "James Cameron: Viaxe ao fondo da Terra".

FONTES DE INFORMACION:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/22/ciencia/1361534411.html

2 comentarios:

Unknown dijo...

Si queres ver as primeiras imaxes captadas por James Cameron click no seguinte enlace http://www.elmundo.es/elmundo/2012/03/27/ciencia/1332838359.html

Unknown dijo...

Interesante que o relacionaras co posible escenario da oreixe da vida.