viernes, 22 de febrero de 2013

Unha colosal mancha solar


O Observatorio de Dinámica Solar (SDO), que se puxo en marcha no 2010 para vixiar ó Sol e outros fenómenos espaciais, captou unha enorme mancha solar con dimensións tan grandes como para acoller seis veces a Terra, que segundo a NASA podería desencadear erupcións solares nos vindeiros días. Os científicos bautizárona co nome de AR 1678.
Nas últimas datas, 19 e 20 de febreiro, o conxunto de manchas escuras sobre a superficie do Sol foron crecendo con gran rapidez, pero non é posible concretar o seu tamaño exacto por  tratarse dun corpo esférico e non plano.
A orixe destas manchas son os cambios producidos nos campos magnéticos na superficie solar. Nesta zona detectáronse intensos campos magnéticos actuando en direccións opostas, o que probablemente leve a erupcións ou chamaradas solares. Segundo as investigacións da NASA, o Sol atópase nunha fase moi activa, esperando o seu punto álxido durante a primavera deste ano 2013.


FONTES DE INFORMACIÓN:

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/02/21/ciencia/1361469604.html
http://www.abc.es/ciencia/20130221/abci-video-lluvia-fuego-solar-201302211125.html

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

1 comentario:

Unknown dijo...

Interesantes os hipervínculos.