sábado, 2 de marzo de 2013

As ratas envianse información co cerebro dun continente a outro

Os científicos chámano un "vínculo cerebral", é o máis preto que estivo a ciencia de alcanzar a conexión mental.
Os pensamentos dunha rata, o que fai nun laboratorio (o seu comportamento), son capturados por sensores electrónicos e enviados por internet ao cerebro doutra rata, neste caso dende Brasil ata Estados Unidos. O segundo roedor recibe o pensamento do primeiro e imita a súa conduta.
Este descubrimento, podría sentar as bases do que Miguel Nicolelis (medico e científico sobre todo na área de neuroloxía) chama un "ordenador orgánico" onde varios cerebros están unidos para resolver problemas aos que os cerebros individuais non poden facer fronte.
Esto fai que a ética se implique sobre todo cando Nicolelis xa esta traballando na comunicación entre cerebros en monos.


Algúns neurocientíficos pensan que esto non é ético e que é moi normal que a xente se poña nerviosa ao ver esto, xa que o feito de que se poida facer esto con animais implica que poida suceder con seres humanos.

Estas investigacións poden darnos máis datos sobre os cerebros animais e mentres estas, non perxudiquen á saúde dos animais non vexo ningunha contra. 

Héctor Vázquez Yáñez 1ºD


No hay comentarios: