sábado, 2 de marzo de 2013

A replicación das bacterias de fai 4.000 millóns de anos


As bacterias foron partícipes do proceso no cal a materia inorgánica deu lugar á vida. A súa estrutura actual, con ADN e parede celular, é a base das células dos seres vivos máis desenvolvidos. Unha das estruturas máis complexas das nosas células, as mitocondrias onde se sintetizan as moléculas que conteñen a enerxía (ATP), atribúese a  un tipo de simbiose entre unha bacteria maior e unha menor que ó integrarse formaría as mitocondrias tal e como o explicou Lynn Margulis, bióloga estadounidense clave na teoría do evolucionismo.
          Pero fai millóns de anos as bacterias non eran igual que hoxe. Os microorganismos primitivos carecían de parede celular e proteínas.
        O feito de que algunhas bacterias carezan de parede celular na actualidade, suxire que esta estrutura protectora que teñen case todas, foi unha adquisición evolutiva. Nalgúns casos bacterias normais volven ó seu estado primitivo, o que nos permite ver cómo eran fai millóns de anos.
        Tamén carecían das proteínas necesarias para a súa división. As encimas (que son proteínas) son a base para realizar todos os procesos celulares. Sen embargo as bacterias de aqueles tempos tiñan que se reproducir.
Investigadores da Universidade de Newcastle publican en Cell a súa explicación de cómo se replicaban. Non seguían parámetros biolóxicos, senón físicos. Dun modo semellante a cando unha pompa de xabón divídese en dous ó alcanzar unha determinada relación entre volume e superficie, as bacterias ó alcanzar a suficiente presión no volume do seu interior dividíanse. Os científicos conseguiron gravar imaxes, un pouco aceleradas, do máis parecido ó que ocorría fai 4.000 millóns de anos.
            Aínda que o vídeo estea en inglés, as imaxes son moi ilustrativas.



PREGUNTAS
1. Aquí se fala sobre as bacterias de fai 4.000 millóns de anos pero, cómo se reproducen actualmente as bacterias? E cómo se replica o seu ADN?
2. Cómo se chama a teoría que defende Lynn Margulis ante o evolucionismo?
3. O texto di que a vida apareceu a partires da materia inorgánica. Quen foi o primeiro que comprobou mediante un experimento que esta afirmación, ou polo menos parte dela?

FONTE DE INFORMACIÓN:


Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

2 comentarios:

Antía Quintana dijo...

A actuais bacterias reprodúcense de forma asexual, mediante división binaria. Teñen tamén un mecanismo "sexual" de reprodución, chamado parasexualidade bacteriana. Neste caso as bacterias intercambian o seu material xenético: unha bacteria doadora transfire unha pequena cantidade de ADN á unha bacteria receptora.

A teoría que Lynn Marguilis defende chámase "Simbioxénese". Defende, principalmente, que os seres eucariotas xurdiron como consecuencia de procesos simbioxenéticos entre células procariotas.

Miller e Urey foron os primeiros en demostrar empíricamente a formación de materia orgánica a partires de sustancias inorgánicas simples e nunhas condicións ambientais concretas. Este vídeo explica o seu experimento http://youtu.be/Dub8ud4a7xk

Paréceme unha noticia moi oportuna, xa que relaciónase cos temas que vimos nas asignaturas de CMC e Bioloxía este trimestre.

Antía Quintana, 1º BACH A

Carmen Cid Manzano dijo...

Iago e Antía moi ben. Vexo que estades atentos e ademais relacionades o traballado en clase coas noticias que aparecen na prensa. Iago as preguntas fixeron que Antía poidera colaborar contigo, volvo a repetir síntomo orgullosa de vós.