lunes, 11 de marzo de 2013

Extraen embriones y material genético de dos hembras de lince para garantizar su futuro

O obxectivo desta investigación é a preservación da liña xenética do lince Ibérico, especie en perigo de extinción. Interviñeron a dúas femias, “Azahar” e “Saliega” e conseguiron extraerlles embrións e material xenético.
A primeira femia foi Azahar, que provén do Centro Nacional de Reproduçao de Lince Ibérico en Silves (Portugal). Naceu no 2004, e recomendaron non volver a someter a novas xestacións. Polo tanto para preservar a súa liña de preservación utilizaron os embrións.
Saliega, que procede do centro de Doñana. Realizáronlle unha mastectomía, debido a un tumor mamario. E como a súa representación xenética, xa estaba representada no programa “exsitu” recomendaron esterízala.
Exsitu é un pograma de crías en catividade, cuxa finalidade é a recuperación dunha especie en peligro de extinción. Ó mesmo tempo serve como reserva de animais no caso dunha posible extinción, ata que  as condicións sexan melloradas.
Os asesores do grupo de fisioloxía reprodutora e bancos de recursos biolóxicos do comité de cría de lince ibérico, propuxeron recolectar  o material xenético para utilizalo como acervo xenético nos programas de conservación. Así emparellaron estas femias cos machos “Foco” e “Al-Andalus”.
As dúas intervencións transcurriron sen ningunha complicación. As tres mostras de embrións, foron en nitróxeno líquido e encóntrase no Museo Natural de Ciencias de Madrid. Estas mostras poderán implantarse nunha femia e dar lugar a animais sanos.

Fontes:
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/03/09/natura/1362835551.html
http://www.lynxexsitu.es/index.php

2 comentarios:

Sheila CS dijo...

Ola Carolina,
en primeiro lugar a noticia pareceume moi interesante e a foto da cría de lince é moi fermosa.

Dende hai anos fálase moito da futura extinción dos linces ibéricos, dado o escaso número de individuos que todavía hai hoxe en día. Paréceme moi importante que a xente coñeza este problema, xa que podería pasar con outras especies como o oso panda ou o orangután.

Lendo o teu artigo, ocorréuseme unha pregunta para facerte: ¿por que crees que é tan complicado conseguir que expecies en perigo de extinción se reproduzan e consigan aumentar a súa poboación?

Suxírote que consultes as seguintes páxinas:

http://www.elmundo.es/elmundo/2007/12/21/ciencia/1198253553.html
http://www.uco.es/~q62gacam/Peligro.html#LINCE

Cada vez máis se fala da posible "clonación de especies" para protexer aquelas especies que estean en perigo de extinción. Mira o seguinte artigo, gustaríame saber a túa opinión sobre este tema.

http://www.publico.es/432396/clonacion-de-animales-para-proteger-las-especies-en-extincion

De novo quero decirte que pareceume moi axeitada a túa noticia, e así poder achegar ós teus compañeiros un problema actual como é o das especies en perigo de extinción.

Un saúdo!!

Sheila Castro Sánchez. Máster de profesorado.

Unknown dijo...

Carolina, faltan etiquetas!