sábado, 2 de marzo de 2013

Unha premio nobel de Química visitará o campus de Ourense


Ada Yonath participará nun foro científico e pronunciará unha conferencia o vindeiro 12 de marzo na cidade das Burgas.
A premio nobel de Química Ada Yonath, a cuarta muller da historia en conseguir o recoñecido galardón, que lle foi concedido no ano 2009, estará no campus de Ourense o vindeiro 12 de marzo. Así anunciou esta mesma mañá a vicerreitora do campus, María Lameiras, durante a presentación do programa de actividades polo Día da Muller. A nobel israelí, de 74 anos, terá unha intensa axenda en Ourense, xa que participará nunha recepción con estudantes de Secundaria e Bacharelato, protagonizará un seminario con científicos e pronunciará unha conferencia aberta a tódolos públicos no edificio Politécnico. «É un feito histórico no campus de Ourense», asegurou a vicerreitora sobre a presenza de Yonath no campus, que foi xestionada polo departamento de Física.
A premio nobel, unha lenda no mundo da Ciencia, especializouse nos seus primeiros anos como investigadora en cristalografía, aínda que o recoñecemento mundial chegoulle polos seus estudos sobre a estrutura dos ribosomas. Actualmente é a directora do Centro de Estrutura Biomolecular Helen & Milton Kimmelman e da Asemblea Weizmann Institute of Science.

Mauro Rivas Ferreiro, 1º Bach C

3 comentarios:

Unknown dijo...

Mauro noticia moi oportuna, ás veces pasas cousas en Ourense e non nos decatamos

Unknown dijo...

Por certo, que outras mulleres recibiron un premio Nobel?

Antía Quintana dijo...

En total, 41 mulleres obtiveron o Premio Nobel. No ámbito das ciencias destacan: Ada E. Yonath, Carol W. Greider, Elizabeth Blackburn, Françoise Barré-Sinoussi, Linda B. Buck,
Christiane Nüsslein-Volhard, Gertrude B. Elion, Rita Levi-Montalcini, Barbara McClintock, Rosalyn Sussman Yalow, Dorothy Crowfoot Hodgkin, Maria Goeppert-Mayer, Gerty Theresa Cori, Irène Joliot-Curie e Marie Curie. Esta última foi a primeira muller en obter un premio Nobel e ademais a única en conseguir dous: o primeiro de Física en 1903 e o segundo de Química en 1911.