martes, 9 de abril de 2013

Aceite de oliva virxe extra, beneficioso para previr o lupus.

O lupus eritematoso sistémico, ou simplemente lupus, é unha enfermidade autoinmune crónica que afecta ó tecido conxuntivo. Caracterízase pola inflamación e dano de órganos e sistemas debido ó sistema inmunitario. Esta enfermidade pode afectar a diversas partes do organismo, dende ó sistema nervioso, ó fígado ou ás articulacións. Pode producir, dependendo do órgano ou sistema que dane, artrite, erupcións cutáneas, fotosensibilidade, afectación renal, convulsións, psicose, pericardite,… Aínda carece de cura.


Un estudo, levado a cabo por investigadores da Universidade de Sevilla, desvela que, grazas ás súas propiedades, o aceite de oliva virxe extra (AOVE) pode previr o desenvolvemento de enfermidades autoinmunes coma esta. O consumo deste alimento xunto cun tratamento farmacolóxico e terapéutico un tanto complexo, evita o seu desenrolo. O AOVE produce así efecto antioxidante, antiinflamatorio e inmunomodulador beneficioso na nutrición clínica.


A investigación aínda está en proceso. Estanse realizando estudos in vitro con algúns compoñentes do AOVE en células humanas de enfermos de lupus, e in vivo con animais.

Xa dende a Antigüedade o aceite foi empregado para usos medicinais debido as súas propiedades oleosas. Este estudo poderá facernos saber máis dos moitos beneficios que ten este alimento tan propio da nosa dieta mediterránea.


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

2 comentarios:

Unknown dijo...

Antía, coñeces algúns outros alimentos que podan ter efectos saudables?

Antía Quintana dijo...

O té, por exemplo, estimula o ritmo cardíaco, prevén enfermidades do sistema nervioso e o Alzheimer; a canela axuda a metabolizar a glicosa; a mazá contén flavonoides e quercitina, que coas súas propiedades antioxidantes preveñen moitas enfermidades, coma algúns tipos de cancro; a alcachofa aporta fibra, evita o colesterol e os triglicéridos, é antiinflamatoria, diurética e baixa a presión arterial.
Pódense atopar outros 46 alimentos con efectos saudables neste artigo: http://elpais.com/diario/2009/07/05/eps/1246775213_850215.html