viernes, 12 de abril de 2013

Morre Robert Edwards, o "pai" do primeiro neno probeta

Segundo anunciou a Universidade inglesa de Cambridge, o investigador británico Robert Edwards, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina no 2010 e pioneiro na investigación na fecundación in vitro (FIV) morreu este mércores 10 de abril aos 87 anos.

Edwards comenzou as súas investigacións sobre fertilidade nos anos 50, que lle levaron a concebir a fecundación in vitro e que permitiu o nacemento de Louise Joy Brown, o primeiro bebé probeta, o 25 de xullo de 1978. Desde entón, calcúlase que en todo o mundo naceron uns cinco millóns de nenos probeta.
Ao longo da súa investigación, o científico británico descubriu como extraer o óvulo do corpo da muller, describiu os períodos nos que o óvulo está preparado para ser fertilizado e desenvolveu finalmente a técnica para que os espermatozoides se activen e fecunden o óvulo.


Edwards desenvolveu primeiro a súa técnica en animais, demostrou despois que o embrión humano podía ser cultivado e, tras a súa implantación, dar lugar ao nacemento dun neno san.

En 1969 Edwards logrou fertilizar un óvulo fóra do corpo feminino. Era a primeira vez que se conseguía. O seguinte paso foi estudar como implantalo no útero da nai. Descubriu os avances no campo da ciruxía de quen, pouco despois sería o seu compañeiro da investigación, o xinecólogo Patrick Steptoe.

O primeiro intento tivo lugar en 1972, pero fracasou na décimoterceira semana de embarazo. A partir dese momento, Edwards e Steptoe decidiron suprimir os tratamentos de hormonas que empregaran ata a data polos problemas que causaban.
Foi en outono en 1977 cando o matrimonio Brown chamou á porta desta parella de científicos: Lesley Brown non tiña trompas de Falopio e precisaba dun "milagre" médico para ter un fillo. Edwards e Steptoe aplicaron os seus últimos avances e o 25 de xullo de 1978 nacía Louise Brown, a primeira bebé probeta.

De feito, Edwards fundou en 1980 a primeira clínica do mundo especializada na fecundación in vitro, na cidade de Cambridge.

Todos os seus descubrimentos trouxeron unha gran polémica pero pese a todo, as súas aportacións mereceron o recoñecemento do instituto Karolinska de Estocolmo, que en 2010 concedeulle o Premio Nobel de Medicina: “Os seus logros fixeron posible tratar a infertilidade, unha condición médica que afecta ao 10% das parellas en todo o mundo”, argumentaba o instituto nun comunicado.

Aínda así, as dudas éticas e científicas que espertaban as súas investigacións entre os seus colegas fixeron que, nun principio, non recibira o apoio financeiro por parte do organismo británico Medical Research Council.


En calqueira caso, modificou por completo a concepción humana, tal como recalcou a Universidade de Cambridge ao anunciar a súa morte: “O seu traballo tivo un inmenso impacto en todo o mundo”, sinala o comunicado, que asegura que morreu “apaciblemente mentres durmía”.

En España en 2010 estimábase que o 3% dos nacementos débense a estas técnicas de reprodución asistidas. Así, colocábase como o terceiro país en Europa con máis tratamentos de fertilidade, segundo o rexistro da Sociedade Española de Fertilidade, so por detrás de Francia e de Alemaña.

E por se queredes ver un debate sobre o que pasaría se non existise a fecundación in vitro, déixovos o enlace dun video que encontrei.


Enlaces:




Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach. D

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Paula, cres que é totalmente correcto chamarlle o pai dos nenos probeta?