lunes, 1 de abril de 2013

Algas capaces de vivir en charcas sulfurosas.

Case calquer organismo vivo, incluiendo as algas, morrerían nas charcas de azufre volcánico de Yellowstone (Montana; EE.UU.) e do Monte Etna (Sicilia; Italia). Sen embargo, unhas algas vermellas, relativamente primitivas, desenrolaron un sistema para sobrevivir, aínda que sexa por pouco tempo, a ese hábitat. 
Ditas plantas vermellas, o que fan é buscar e aproximarse a microorganismos que sí teñan un sistema que soporte tales condicións e “róballes” parte do seu xenoma para modificar o seu propio e facelo resistente ó entorno.

O equipo de Mike Garavito, profesor de bioquímica e bioloxía molecular na Universidade Estatal de Michigan (Estados Unidos), e Andreas Weber, antigo investigador de dita institución e agora na Universidade Heinrich-Heine en Dusseldorf (Alemania) averiguaron detalles de como esas algas vermellas deron con ese prodixio.

Os resultados da nova investigación, na que tamén traballaron especialistas de varias universidades alemanas, estadounidenses e francesas, indican que a capacidad das algas para adaptarse a un ambiente morno e sumamente ácido débese, en parte, as suas proteínas de membrana, as cales, exercen de receptoras e de transportadoras. 
Esa clase de proteínas son similares ás que desempeñan papeles vitales no metabolismo enerxético e na resposta inmunitaria nos seres humanos.

Conocelas a fondo sería útil para o campo da medicina, xa que as proteínas de membrana interveñen en prácticamente todas-las vías bioquímicas importantes que contribuen ó tratamento de enfermidades.

As algas vermellas investigadas son moi hábiles lidiando con metais pesados nun ambiente xa de por sí tóxico. Por eso, analizar a fondo as estratexias bioquímicas que usan para sobrevivir nesos sitios, podería ademáis conducir ó hachado de enzimas útiles para limpar lugares moi contaminados por metais pesados.

1 comentario:

Unknown dijo...

Faltan etiquetas!!!