martes, 23 de abril de 2013

Bioetanol procedende de cenorias


Cada ano, miles de froitas e verduras son tiradas ó non ser “aptas” para o mercado por non cumprir uns canons de tamaño ou forma, sento estas comestibles. No ano 2010 foron desperdiciadas 84000 toneladas de cenorias. Investigadores da UNED, en colaboración coa Universidade Nacional do Litoral, a Universidade do Centro Educativo Latinoamericano (ámbalas dúas arxentinas) e o Instituto de Catálise e Petroleoquímica (CSIC), deseñaron un método co que se utilizan os desfeitos de cenorias para producir bioetanol. Este composto químico obtense a partires da fermentación de azucres da hortaliza e pode usarse como combustible.

Calquera alimento que posúa hidratos de carbono pode converterse en bioetanol mediante un proceso de fermentación alcohólica. A cenoria ten entre un 8 e un 10% de azucres simples e un 1% de amidón.

Os científicos desenvolveron un proceso de fermentación alcohólica que separa os azucres do mosto creado cos restos da hortaliza. Primeiro, córtase en anacos moi pequenos. Despois, prodúcese unha hidrólise encimática, rompendo as moléculas de maior tamaño (formadas por glicosa) de modo que o azucre queda libre. A continuación, prodúcese a fermentación etílica grazas a uns lévedos capaces de transformar o azucre en etanol e CO2. Por último, o etanol é purificado por destilación.


Os restos das cenorias tamén se usan para alimentar animais, extraer carotenos (que son os compostos que lle aportan a súa cor laranxa tan característica) que se utilizan na industria farmacéutica e alimentaria. 


Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

2 comentarios:

Unknown dijo...

O bioetanol é un biocombustible, que outros biocombustibles coñeces? a que se chaman combustibles de segunda xeración?

Antía Quintana dijo...

Outros tipos de biocombustibles son o biogás, procedentes da descomposición anaeróbica de residuos por bacterias, e os bioaceites ou biodiesel, producidos a partires de sementes oleaxinosas coma a colza, o xirasol ou a soia.
Os chamados combustibles de segunda xeración son os producidos a partires de materias primas que non son fontes alimenticias.