martes, 23 de abril de 2013

O Padre Feijoo, protagonista do Día do Científico

O Día do Científico está adicado este ano ao Padre Feijoo, un ilustrado do século XVIII que intentou modernizar a España daquel momento. Naceu moi cerca de aquí, en Pereiro de Aguiar, no ano 1686,  e son moitas as razóns polas que se lle adica este día. A Ilustración é un movemento filosófico, literario e científico que nace no XVIII e que intentará modernizar a cultura e transformar a sociedade. Baséase na razón porque pensa que calquera problema pode abordarse dende ela. O Padre Feijoo foi un dos seus principais representantes introducindo en España estas novas ideas. Foi pois un gran impulsor da ciencia baseada na razón e na experiencia, que buscaba coñecer a verdade fuxindo da mitoloxía e exercendo un espírito crítico. Resulta curioso que sexa precisamente un membro da igrexa un dos impulsores da ciencia en España pero na historia hai bastantes casos así. Este intelectual, catedrático de Teoloxía, foi  un apaixonado das ciencias experimentais e, polo tanto, é de xustiza que se lle adique este día. Ah, ademais, foi un defensor das mulleres, polo que se había dúbidas , agora xa desapareceron.




Brais Casas Fernández

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Como curiosidade a rúa do noso instituto leva o seu nome.