lunes, 22 de abril de 2013

Tomates modificados por enxeñería xenética para eliminar o colesterol malo de quen come estes alimentos

Logrouse obter,por enxeñería xenética,tomates que producen un péptido que ao comelos elimina o colesterol malo,emulando as accións do colesterol bo,(colesterol HDL de lipoporteínas de alta densidade),que é coñecido polo seu papel ao eliminar das arterias o colesterol malo,(colesterol LDL de lipoproteínas de baixa densidade).


Os equipo dos doutores Alan M.Fogelman(director da unidade de investigación da aterosclerose na Escola David Geffen de Mediciña) e Srinavasa T.Reddy,(especialista en farmocoloxía médica),ambos da Universidade de California nos Anxeles,(UCLA), prepararon mediente inxeñería xenética os citados tomates,en forma molida e liofilizada, agregounos á dieta rica en graxas, típica dos humanos das nacións industrializadas, coa que se alimentou a uns ratos que non posuían a capacidade de eliminar o colesterol malo do seu sangue e que inexorablemente desenrolaban inflamacións e aterosclerose cando consumían unha dieta rica en graxas.


Os investigadores constataron que os ratos que comeron os tomates enriquecidos co péptido, os cales representaron o 2,2 por cento da súa dieta rica en graxas, tiveron unha acumulación significativamente asociada co colesterol bo,niveis máis altos de colesterol bo e menores niveis dun ácido promotor de tumores que aceleran a acumulación de placa nas arterias de modelos animais.

Varias horas despois de que os ratos terminaran de comer, detectábase o péptido intacto no intestino delgado,pero non se lle encontraba así no sangue. Segundo os investigadores, esto non é un gran indicio de que o péptido actúa no intestino delgado e logo é degradado a aminoácidos naturais anter de ser absorvido no sangue,como sucede cos demais péptidos e proteínas do tomate.

Esto fai pensar que escoller como obxectivo ao intestino delgado pode ser unha nova estratexia para previr a aterosclerose de orixe alimentario,a cal é unha enfermidade provocada por placas nas arterias que pode conducir a ataques ao corazón e derrames cerebrais.


Ademais dos científicos mencionados da UCLA no traballo de investigacion e desenrolo tamén interviñeron outros de dita universidade así como da de Alabama na cidade estadounidense de Birmingham.


Fontes de información:

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Pablo, faltan as etiquetas.
O título do post pode levar a erro, "Tomates modificados por enxeñería xenética para eliminar o colesterol malo de quen os come" parece indicar que os tomates teñen colesterol e non é así, só os alimentos de orixen vexetal teñen colesterol.