jueves, 25 de abril de 2013

O "segredo da vida" cumple 60 anos

Hoxe, fai exactamente 60 anos, o 25 de abril de 1953, Francis Crick e James Watson publicaron en "Nature" un artigo de 120 liñas que revolucionou a bioloxía: descubriron a estructura do ADN.
        
             
  
   Neste artigo poñen a base para comprender cómo se copia e se transmite dunha xeración a outra o material hereditario dos seres vivos. 
  Ata pouco antes do descubremento boa parte dos científicos da época creían que eran as proteínas, moito máis complexas e diversas as que transportaban esa información. A receita química do ADN era coñecida e sabíase que era bastante simple, nembargantes, ninguén lograra propoñer un mecanismo que explicase como os poucos elementos que compoñían esa molécula se podían combinar para conter o libro de instruccións de algo tan complexo coma un ser vivo. 
   Rosalind Franklin cunha técnica moi novedosa cristalizara a molécula de ADN e despois de sometela a raios X lograra fotografias a súa estructura revelando a forma de dobre hélice. Maurice Wilkins ensinoulles a fotografía a Crick e Watson sen sabelo a investigadora e con ésto confirmaron experimentalmente o que xa plantexaran cos seus modelos. 

                    
   En 1962, Crick, Watson e Wilkins recibiron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina por este descubrimento.  Franklin non chegou a ver recoñecida a súa aportación.
    Dende entón o coñecemento do xenoma humano experimentou progresos notables. A mediados dos 70, Frederick Sanger, un dos poucos que recibiu o Nobel en dúas ocasións, desenrolou o método de secuenciación do ADN.
   O máis importante da dobre hélice é o que mantén unida a unha hélice coa outra e esta foi a aportación crucial de Watson a esta historia.
    No exiguo espacio que os dous muelles antiparalelos deixan entre sí é onde se apiñan todas esas letras ( ctaccgata...) que agora coas noticias sobre os xenomas aparecendo un día si e outro tamén na prensa son para nos tan familiares coma o alfabeto. O nome técnico desas letras é bases ou nucleótidos, e son unhas moléculas orgánicas mois simples: adenina, guanina, timina e citosina ou A, G, T, C, para abreviar.
                                                                                                             
       
   Watson deuse conta que no interior da dobre hélice, a A só podía aparearse coa T e a G só coa C. Reparou de inmediato que esas simples regras de aparellamento ( dictadas pola estructura química das bases) bastaba para explicar dun plumazo a propiedade esencial de calquer ser vivo:  a súa capacidade para sacar copias de sí mesmo. Si a dobre hélice se separa nas súas dúas hélices compoñentes,cada unha pode reconstruir á outra gracias ás regras de aparellamento. A idea resultou correcta e surxiu a revolución.
   O proxecto xenoma humano e todo o resto da xenómica son a consecuencia directa daquel artigo que cambiou por completo a nosa percepción da vida na Terra e  de nos mesmos. Continentes previamente inexplorados de aplicacións tecnolóxicas, dende a producción industrial de insulina e a hormona de crecemento, ata as modernas estratexias de búsqueda de novos fármacos antitumorais pasando polo diagnóstico personalizado do cancro, arrancaron daquela publicación. 


Enlaces:


Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A"


1 comentario:

Unknown dijo...

Déixovos o enlace dun vídeo realizado por unha alumna sobre Rosalin Franklin http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=4WEY3qZEWPg