domingo, 5 de mayo de 2013

Atopan posibles restos do meteorito de Tunguska

Un científico ruso afirma que atopou tres fragmentos do obxecto que provocou o maior impacto contra a Terra que recordan os libros de Historia.


O 30 de xuño de 1908, unha poderosa explosión rompeu os ceos de Tunguska, unha remota rexión de Siberia. A explosión, de ata quince megatóns (mil veces máis potente que a bomba de Hiroshima) derribou preto de 80 millóns de árbores nunha área de 2.000 km cadrados e tumbou carruaxes e persoas a 500 km de distancia. Un puñado de veciños das localidades cercanas foron testemuñas do evento, que provocou, segundo os rexistros históricos, unha morte (só unha, porque a zona estaba deshabitada). Durante varias noites despois, unha extraña luz iluminou o norte de Europa e Rusia.

Os científicos cren que o culpable do que se coñece como o «evento Tunguska» foi un cometa ou un asteroide que impactou contra a atmosfera da Terra. Ao facer contacto, a rocha estalou en mil pedazos, o que podería explicar o motivo polo que non deixou un gran cráter no chan. 
Pero... un suceso así provocaría a caída de moitos meteoritos. Por que nunca se atopou ningún?

Andrei Zlobin, da Academia de Ciencia de Rusia, encontrou tres rochas da rexión de Tunguska que parecen ser meteoritos. Segundo explica en Arxiv, o arquivo online para borradores científicos que administra a Universidade de Cornell, en 1988 comenzou a buscar os fragmentos no terreo sobre o que estalou a rocha espacial pero non encontrou nada. Así que, sen darse por vencido, explorou o leito do río Khushmo. Alí recolleu un centenar de pedras interesantes e levounas ao seu laboratorio de Moscú. 


 
O científico non debía estar moi ansioso por saber que é o que encontrara ou algo  llo impediu (quizais os cambios na Unión Soviética ocorridos nesa época), porque esperou vinte anos para examinar as rochas. En 2008, distinguiu tres delas coas impresións que existen na superficie dos meteoritos que arderon ao penetrar a gran velocidade na atmosfera. Zlobin analizou os aneis das árboles da zona para coñecer que temperatura provocara a explosión e chegou á conclusión de que esta non era o suficientemente quente como para fundir as rochas sobre a superficie, así que Zlobin concluiu que os fragmentos con marcas de calor tiñan que pertencer ao obxecto chegado do espazo ese día. O investigador cre que podería tratarse dun cometa, aínda que todavía non levou a cabo análises químicos das rochas, o que aclararía moitas dudas.

De momento, o único que podemos facer é esperar a que se resolva este misterio científico do século pasado.

Enlaces:



http://informe21.com/ciencia-y-tecnologia/fragmentos-de-roca-hallados-desvelan-el-misterio-del-meteorito-de-tunguska


Paula Meixeiro Calvo, 1º Bach.D

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Paula faltan etiquetas.