domingo, 5 de mayo de 2013

A PELÍCULA MÁIS PEQUENA DO MUNDO

 Os científicos de IBM presentaron esta semana " a película máis pequena do mundo", unha película que aínda que resulte sorprendente, ten ós átomos por protagonistas. 
   Unha obra revolucionaria realizada cun microscopio que mostra os movementos de átomos aumentados 100 millóns de veces. 
   O film titúlase " A Boy and His Atom" ( Un niño y su átomo) e relata a historia dun ha pequena persoaxe que xoga cun átomo, ó que sigue nos seus movementos bailando e saltando, para explicar a ciencia dunha forma pedagóxica. 
   Según explicou Andreas Heinrich, científico de IBM,  "esta película é unha maneira divertida de compartir o mundo á escala atómica, permitindo abrir o diálogo con estudiantes ou outros sobre as novas fronteiras das matemáticas e a ciencia". 


   

   A cortametraxe, que foi realizada coa técnica " slow-motion", dura aproximadamente un minuto e medio e está composta por 242 fotogramas. Cada un dos seus cadros mide tan só 45 por 25 nanómetros, o que equivale nin máis nin menos que á milmillonésima parte dun metro. 

   Para realizar o film, os átomos foron desplazados coa axuda dun microscopio preparado hai algúns anos por IBM, una invención que lles valeu o Premio Nobel ós seus diseñadores.  
   O  aparato non parece un microscopio tradicional, xa que pesa dúas toneladas e opera a unha temperatura de -268º C.  É capaz de ampliar 100 millóns de veces os obxectos colocados na placa. Utiliza unha augulla extremadamente fina, sobre unha superficie de cobre, para atraer ou rexeitar os átomos e as moléculas ata un lugar preciso. 
   A película foi certificada polo Libro Guinness dos récords como a máis pequena de animación do mundo. 
 Enlaces:







Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A"

No hay comentarios: