Non son poucos os individuos
que se uniron á campaña “Salvemos a Galicia da megaminería”, levada a cabo pola
organización Change.
Unha vez máis, a cuestión do
diñeiro interponse pisoteando os dereitos naturais dos seres humanos, neste
caso no proxecto da Xunta en colaboración con multinacionais estranxeiras da
reapertura da mina de ouro de Corcoesto e demais programas da mesma índole que
conducirán a Galicia a converterse nunha mina xigantesca.
O que quizais se agocha detrás
desta noticia son os danos medioambientais e persoais que conleva, resumidos no
seguinte video feito en sinal de protesta e concienciación:
(en Twitter baixo o hashtag
#salvemosgalicia)
Fontes de información:
GLORIA DE LAS HERAS CALVIÑO, 1º BACH D.
2 comentarios:
É denigrante que se antepoñan os intereses políticos e económicos ó benestar e dereitos medioambientais do noso país. Galicia converterase nunha gran mina como non se poña fin a este proxecto. As políticas que está levando a cabo o actual goberno da Xunta non fan máis que acabar coa nosa terra. Xa se levan recollido máis de 121.000 firmas, animádevos a firmar!
A información, a concienciación ambiental é necesaria pero tamén é imprescindible a acción como neste caso. Entre todos/as poderemos aplacar o maltrato a Terra.
Publicar un comentario