jueves, 23 de mayo de 2013

Campaña "Salvemos Galicia da megaminería"


Non son poucos os individuos que se uniron á campaña “Salvemos a Galicia da megaminería”, levada a cabo pola organización Change.
Unha vez máis, a cuestión do diñeiro interponse pisoteando os dereitos naturais dos seres humanos, neste caso no proxecto da Xunta en colaboración con multinacionais estranxeiras da reapertura da mina de ouro de Corcoesto e demais programas da mesma índole que conducirán a Galicia a converterse nunha mina xigantesca.  
O que quizais se agocha detrás desta noticia son os danos medioambientais e persoais que conleva, resumidos no seguinte video feito en sinal de protesta e concienciación:

                                                      (en Twitter baixo o hashtag #salvemosgalicia)




Fontes de información:

GLORIA DE LAS HERAS CALVIÑO, 1º BACH D.

2 comentarios:

Antía Quintana dijo...

É denigrante que se antepoñan os intereses políticos e económicos ó benestar e dereitos medioambientais do noso país. Galicia converterase nunha gran mina como non se poña fin a este proxecto. As políticas que está levando a cabo o actual goberno da Xunta non fan máis que acabar coa nosa terra. Xa se levan recollido máis de 121.000 firmas, animádevos a firmar!

Unknown dijo...

A información, a concienciación ambiental é necesaria pero tamén é imprescindible a acción como neste caso. Entre todos/as poderemos aplacar o maltrato a Terra.