lunes, 27 de mayo de 2013

Natureza e ser humano. Unión ou enfrontamento?

Seres humanos ou persoas? Se é a segunda opción, por qué non o demostramos? Temos o poder nas nosas máns, a opción de convivir ou de destruir o mundo. Somos a única especie que temos capacidade de raciocinio e sen embargo pomos en perigo a milleiros de especies que teñen a mala sorte de vivir no mesmo planeta que nós, porque co ritmo de vida que levamos, non nos chegan os recursos que nos ofrece.
Motivados pola obtención do seu propio beneficio, como aumentar as comodidades da súa vida diaria ou a avaricia que crean os cartos, o ser humano non mide as consecuencias que afectan a todo o que lles rodea.
Para reflexar todo isto e o poder e repercusión de cada unha das nosas accións, creamos unha pequena historia que vos contaremos a continuación e que está recollida no vídeo que vos poñemos ao fondo, xunto cun enlace ao cal poderedes acceder e darlle a "me gusta" de facebook, contribuindo connosco na difusión do curto e na participación do concurso OCEÁNTICA13'.

 Érase unha vez: O Mundo.

  Este lugar no seu día foi chamado Planeta azul xa que contiña o ingrediente  fundamental para a vida: A AUGUA. A partir deste elemento fóronse creando os demais, dende o máis simple ata o máis complexo creando unha perfecta biodiversidade. Así apareceron as diferentes especies de animais, os campos, as montañas, dando lugar aos diversos ecosistemas nun equilibrio perfecto. E no medio de toda esta natureza, apareceu unha singular especie: O SER HUMANO.
 Esta especie, ao igual que as outras, vaise adaptando, aprendendo e evolucionando ata facer que o mundo se adapte a él. Vanse agrupando en pequenos poblados, comezan a cultivar as demais especies someténdoas ao seu control, crean as familias e o mellor de todo, CREAN OS CARTOS! Este novo elo introducido na natureza, corrómpea e fará que nunca poda volver a ser como antes…

 O desmesurado consumismo das nación máis ricas depende directamente da extración e do esgotamento dos recursos naturais das nación empobrecidas, coma os países tropicais, ricos en flora, fauna e minerais.
Ata que se esgote a última gota de auga, ata se se extinga a última especie salvaxe, ata que se tale o derradeiro árbol, ata entón, non comprenderemos que os cartos non se poden comer.

 A todos nos gusta ver o ceo azul, respirar aire puro cando saímos a dar un paseo, ver aos animais correteando polos montes, poder bañarte nun entorno natural limpo…
 Pero… ¿Qué facemos nos para coidar o medioambiente e que todo esto poda seguir sendo posible? Porque soñar é gratis, pero ao fin e ao cabo, as accións individuais son as que contan.
 As persoas non reciclamos, non collemos o transporte urbano, permitimos que os residuos de basura se virtan nas aguas, queremos seguir tendo produtos baratos e novos sen importarnos as consecuencias como que sexan elementos non renovables ou contaminantes… Todo esto para facer a nosa vida máis cómoda.

 Pero… ¿Sabemos realmente o que conlevan as pequeñas accións?
Deixar o grifo aberto mentres nos lavamos os dentes, nos enxabonamos ou agardamos a que saia quente sen importarnos coller ilimitadamente os recursos non renovables. Pensar que estes recursos non se van a esgotar e seguir empregando derivados deles para crear cousas innecesarias e satisfacer o noso consumismo, como por exemplo, os embases individuais, o non reciclado do papel e polo tanto a tala masiva de árboles, o gasto rutinario de electricidade nos electrodomésticos, o xeito no que nunca estamos conformes coa temperatura e pretendemos cambiala cos perxudiciais aires acondicionados e calefaciós favorecendo ao cambio climático e ao quentamento global.
O CO2 é un gas que se atopa na atmosfera e ten a propiedade de atrapar a calor. Na medida en que o CO2 aumenta, máis calor queda atrapado na atmosfera e elévase a temperatura. Ao ritmo actual, prevese un aumento dun grado en 2020 e de dous grados en 2050.

 A excesiva perda de recursos e materias primas na produción industrial sen esquecernos da abusiva emisión de CO2 e gases contaminantes, non deixan de substraer elementos e modificar o hábitat de outras especies. 
 Acaso é menos importante ca o noso? Qué che parecería se un oso entrase na túa casa e depositase todos os residuos de salmóns que comeu poriba do teu dormitorio? Ou se viñese unha vaca a roubarche o televisor? Ou mellor aínda, se un polo che collese do frigorífico todas as túas provisións deixando contaminados o resto de alimentos? Non creo que che gustase que todos estes animais fosen a defecar a túa casa, como nos facemos con eles, porque ademáis, a súa casa tamén é a nosa.
 Nos océanos, o cambio climático está a afectar na súa temperatura, o suministro de nutrientes, a corrente mariña, a cadea alimenticia, os sistemas de ventos, os ciclóns e outros desastres naturais que se fan cada vez máis común e intensos, coma o desxeo dos polos que produce a inestabilidade do solo, avalanchas rocosas e a diminución da circulación oceánica en Groenlandia e a Antártida. Todo esto, afecta a distribución, abundancia, ciclos reprodutivos de plantas e animais mariños dos cales millóns de persoas dependemos coma fonte de alimento, ingreso ou recreación.

 A absorción en grandes cantidades de dióxido de carbono podería provocar a desaparición do fitoplacton, planta mariña da que se alimentan organismos coma o crustáceo, que a súa vez sirve de alimento a especies mariñas coma a balea azul ou xorobada. E coma este, moitos outros exemplos que constitúen unha reación en cadea.
A auga precisa moito máis tempo ca o aire para quentarse. Incluso aunque as emisións de gases de efecto invernadero se houbesen estabilizado no ano 2000, a temperatura media do planeta continuaría subindo medio grao Celsius.
O nivel de mar incrementouse xa 9cm no último siglo, e podería aumentar entre 9 e 88cm no presenta.

 Para rematar, faremos un repaso das principais consecuencias que provocan nosos actos:

-Aumento da temperatura terrestre.
-Cambios na capa de neve, xeo e solo xeado.
-Aumento do nivel e da temperatura do mar, provocando a acidificación dos mesmos e poñendo en perigo a numerosas especies.
-Aumento da frecuencia e intensidade dos fenómenos meteorolóxicos extremos.
-Perigo de extinción de numerosas especies animais e vexetais
-Efectos sobre a agricultura e o sector forestal, os que poden perder a maioría da súa produtividade.
-Impactos sobre a saúde humana. O número de persoas en situación de malnutrición aumentará, así coma o de falecidos e enfermos.


Cómo poderíamos imaxinar, que unha simple especie entre tatas, puidera orixinar tantos 
desequilibrios nun mundo tan natural e perfecto?

Para finalizar, aquí vos deixo o enlace no que podedes aceder ao vídeo e colaborar premendo o 'me gusta' de facebook.
Recordade que as pequenas accións individuais, son as que poden crear grandes cousas e que xuntos, podemos cambiar o destino do mundo.




Alba Cortés Coego

1 comentario:

Unknown dijo...

Deséxovos sorte!