lunes, 27 de mayo de 2013

O grafeno cambiarános a vida.

O grafeno é unha substancia formada por carbono puro, os seus átomos están dispostos de maneira hexagonal (estrutura similar á do grafito). É un dos materiais máis finos, flexibles, fortes (100 veces máis que o aceiro) e con maior conductividade que existen. Grazas a esto, este material pode ter importantes aplicacións tecnolóxicas.

As propiedades do grafeno resultan ideais para utilizalo como compoñente de circuítos integrados, pero tamén se poderían fabricar televisións máis delgadas e flexibles; potas de cociña que emitan algunha advertencia se detectan a bacteria E.coli; podería utilizarse en tratamentos para médulas espiñales danadas...

Andre Geim e Konstantin Novoselov investigaron sobre este material bidimensional. Novoselov conseguiu aislar  grafeno mediante un método simple: exfoliar o grafito pegándolle rápidamente unha cinta adhesiva e frotando con paciencia os copos de grafito adheridos á cinta sobre unha superficie para depositalos nela. A sorte quixo que a superficie elexida fose un cristal de sílice oxidado cuxo espesor de óxido era o adecuado para que o pequeno cristal de grafeno fose visible ó microscopio óptico. Deste modo identificaron varios planos individuais de grafito desacoplado, que presentaban as propiedades cuánticas dun material bidimensional. Os dous científicos demostraron que os electróns se moven no grafeno máis á présa que en calquera outro sólido. Debido ás súas achegas sobre este material conseguiron o Premio Nobel de Física no ano 2010.



http://elpais.com/diario/2010/10/13/futuro/1286920803_850215.html
http://www.abc.es/ciencia/20130524/abci-grafeno-rsef-premio-201305232214.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Grafeno#Aplicaciones_en_electr.C3.B3nica

1 comentario:

Unknown dijo...

Adriana interesante post.