lunes, 27 de mayo de 2013

O Xurés, referente mundial para medir o Cambio Climático

O parque natural da Baixa Limia-Xurés, conta dende a semana pasada cunha das oito estacións con tecnoloxías máis avanzadas a nivel mundial para medir o cambio climático. Coincidindo co Día Europeo da Rede Natura 2000, foi inaugurada a quinta estación metereolóxica, combinada co parque de O Invernadoiro,  que está enmarcada na rede de medición ClimaDat, un proxecto froito da colaboración de “ La Caixa”, do Instituto Catalán de Ciencias do Clima (IC3), e en territorio galego, conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.


    Esta estación con instrumental científico de última xeración e alta precisión, avaliará de forma continua a emisión e captación de gases de efecto invernadoiro e o contido de radón no aire, un gas que dará pistas sobre a procedencia das masas de aire que chegan ó Xurés. Ademais, mediranse os principais parámetros metereolóxicos, para o que se instalaron anemómetros 2D de control de velocidade e dirección do vento, así como sensores de temperatura e humidade ambiental, sensores barométricos e contadores de precipitacións. Estes datos serán públicos a través da páxina de Internet www.climadat.es e dun blog co mesmo nome, e poderán ser usados tanto pola comunidade científica como por a cidadanía no seu conxunto.

    Foi elixido  este enclave para a instalación da estación por ser unha zona de transición climática moi influenciada pola oscilación do Atlántico Norte, condicionante da variabilidade invernal de numerosas rexións ó Norte de Europa. O Xurés aportará datos que axuden a comprender como o parque ourensán, integrado no resto de estacións de medición do proxecto,  é influído e inflúe no sistema climático.

    Durante o segundo semestre do 2013 instalarase  o resto de instrumental, unha cámara multiespectral que se ubicará en O Invernadoiro, e controlará a evolución da vexetación da zona. Neste parque atópanse zonas cunha vexetación  que parece protexida da influencia do home, iso é, con pouca afectación antropoxénica (gandería, aproveitamento das augas  ou incendios forestais).

     O proxecto axudará a entender un dos maiores retos ó que se enfronta a sociedade actual, o  cambio climático; e a buscar solucións para conservar o medio ambiente.
















Fontes de información:

Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

Iago, boa redacción, gráficos interesantes e hipervínculos ben escollidos.