domingo, 26 de mayo de 2013

"O PAÍS DOS MIL RIOS" CONVERTIDOS EN AUGA ENCORADA

Con 23 centrais eléctricas e 29 minicentrais, 2.139 megavatios de potencia instalada, así coma outros proxectos en curso, tramitados ou en execución, esta provincia é toda unha paisaxe de enerxía "limpa". Ourense, espacio privilexiado, pola súa orografía, riqueza hidrográfica, pluviosidade, para a xeración de enerxía eléctrica, para esto, coa construcción dos encoros vimos como anegar pobos, borrar ríos do mapa, altera-los cauces convertíndoos en meras acumulacións de auga estanca, é tarea fácil.

   A colocación de barreiras nos ríos fulminou a presencia de moitas especies - salmóns, anguilas, lampreas, troitas- , antes habituais, ás que se lles impide calquer intento de remonte. Moitos dos encoros eutrofizáronse por non adecentalos antes para a súa chea, a presencia de cianobacterias é xa unha evidencia, o trasvase de augas entre eles extenderá máis o problema. Pero o máis paradóxico e lamentable, é que a súa construcción non supuxo mellora nin impediu o despoboamento, é máis, en moitos casos acelerou ó desenlace.

As hidroeléctricas, moi beneficiadas, non facilitaron un desenrolo coherente, nin revertiron os ingresos na zona, pero sí se apropiaron dos ríos e o seu entorno. Entre outras cuestións porque tampouco houbo unha política que esixira máis contraprestacións -pagan o IBI e o IAE e punto- cando o máis lóxico sería a implantación dun proxecto industrial compensatorio.
   Incluso, desatendendo a lei e a lóxica, na provincia dos "mil encoros" pódese ver como algúns municipios depositarios, cando o ano ven seco e sofren restriccións de auga, teñen que ser abastecidos con cisternas.
   Paradoxas da vida.
   A situación da nosa rede hidrográfica, do noso gran tesouro, " a auga, o ouro do futuro", é lamentable. Para quen seguiu todos estes anos a modificación da paisaxe, a alteración da fauna, a acción mantida por parte das concesionarias, é desesperante.
   É evidente que Ourense está sobreexplotada polas concesionarias hidroeléctricas que aproveitaron con creces as particularidades hídricas, morfolóxicas e de irrigación natural para "enriquecerse" coas concesións.

  Enlaces: 
http://www.laregion.es/noticia/255416/panoramica/convertidos/embalsamada/
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/OURENSE/castrelodemino/encorocastrelomino.html

Francisco Rodríguez Valencia, 1º Bach "A".

No hay comentarios: