domingo, 26 de mayo de 2013

Unha nova oportunidade

     Kaiba Gionfriddo, de 20 mese na actualidade, ao nacer diagnosticaronlle unha terrible enfermidade chamada traqueobroncomalacia, é dicir, unha aletaración na integridade da tráquea, o que provocaba no neno unha falta de osíxeno ao non poder respirar por si mesmo. Tras descubrir qie tiña a enfermidade, os médicos alertaron aos pais de Kaiba da posible morte do seu fillo e ofreceronlles intervir mediante un estudio que estaba sendo desenrolado na Universidade de Michigan (estado no que se atopaba o bebé); os pais accederon a que se levase a cabo a intervención. Durante a operación, o doutor de otorrinolaringoloxía, Glenn Green, e o biomédico, Scott Hollister, diseñaron un dispositivo á medida para que o neno puidese respirar por si mesmo; grazas a un ordenador de alta tecnoloxía e a unha impresora 3D na que os cartuchos, non estaban cheos de tinta senón que de biomaterial denominado poliprolactona (polímero biodegradable con baixo punto de fusión) que é reabsorbible polo corpo á medida que a criatura medra.

       Este dispositivo foi introducido nun dos bronquios durante a operación, e ao colocalo, os médicos viron que os pulmóns subían e baixaban, é dicir, o neno ventilaba e a férula estaba dando os seus frutos. Mantiveron ao bebé 21 días con respiración asistida e tras este periodo, Kaiba abandonou o hospital. Actualmente vive sen ningún problema.




Fuentes de información:
http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2013/05/24/actualidad/1369398441_503274.html


Marcos Fernández Rodríguez 1ºBACH A

1 comentario:

Unknown dijo...

Marcos, o titular da noticia é o máis adecuado?
A fonte de información non se corresponde co post.
Por que non en galego? un dos obxectivos deste blog e dar a coñecer a Ciencia en galego.