lunes, 20 de mayo de 2013

Unha panorámica da Terra

O Landsat da Data Continuity Mission (LDCM) é un satélite da NASA cuxa misión é monitorizar a Terra dende a atmosfera e poder así estudar os recursos necesarios para a sosteñibilidade da humanidade, tanto en alimento como auga e bosques. Ademais de controlar o impacto do crecemento de poboación, rexistra tamén os cambios que se producen no clima. Este tipo de satélites teñen unha órbita circular heliosincrónica ó redor da Terra a 705 kilómetros de altura. Con esta órbita, cada vez que cruzan o Ecuador, fano de Norte a Sur en 15 minutos.
Este satélite escaneou unha franxa da Terra de 9600 kilómetros de longo e 185 de ancho (19 megapíxeles), obtendo así unha incrible fotografía panorámica do noso planeta, a máis ampla tomada ata o momento. Abarca dende o centro de Rusia ata o norte de Sudáfrica. Nesta imaxe o 90% é terra, o que é pouco doado de lograr para unha panorámica tendo en conta que o noso planeta está cuberto de auga preto dun 70%. Na páxina web da misión recóllense todas as imaxes nun mosaico en alta definición:



Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

2 comentarios:

Unknown dijo...

Que significa órbita circular heliosincrónica?

Antía Quintana dijo...

É aquela que toma como centro á Terra e é sincrónica ó Sol, é dicir, combina altitude e inclinación para conseguir que o obxecto que está en órbita pase sobre unha determinada latitude terrestre a un mesmo tempo solar local.