viernes, 14 de junio de 2013

Agricultura ecolóxica, é tan ecolóxica?



España é o maior produtor de agricultura ecolóxica de Europa, e ó mesmo tempo é un dos que menos consumo fai dela. É unha curiosa paradoxa que fai que un se pregunte: por qué? A resposta maioritaria é o seu elevado prezo.
Existe unha explicación. A agricultura ecolóxica non é máis que un negocio, a imaxe bucólica de campos verdes que nos vén á cabeza ó falar dos produtos “bio” non é máis que froito do márketing. Por iso non nos debe extrañar ver cultivos ecolóxicos cubertos de plásticos, ou a agricultores “bio” usando fertilizantes. Teñen que manter dalgunha maneira ás súas plantas, e facelas competitivas ante as multinacionais de cultivos convencionais. Cal é a diferenza, entón, para que sexan máis caros? Sinxelo. Un bioagricultor, para manter sans os seus cultivos, usa fertilizantes producidos ecoloxicamente, que conteñen os mesmos factores que os que usan nos cultivos convencionais, pero coa diferenza de que os primeiros obtéñense da materia orgánica ecolóxica, e os segundos da minaría, de transxénicos… Os biofertilizantes son polo tanto máis caros, e iso fai que o agricultor teña que encarecer o produto, e tamén o teñan que subir de prezo as distribuidoras. E todo iso sucede por culpa das grandes multinacionais de agricultura convencional, que son as produtoras de fertilizantes, tanto ecolóxicos como non, e que encarecen en exceso ós primeiros para que a xente non deixe de mercar os produtos convencionais.
Entón, resulta a agricultura ecolóxica tan idílica como nola fan ver? Deixo este vídeo, que ó mellor aclara algunhas dúbidas. 








Mauro Rivas Ferreiro, 1º C


Fontes:
http://www.rtve.es/television/20130528/cosechas-etiqueta/673900.shtml

No hay comentarios: