sábado, 15 de junio de 2013

Prohíbese a amputación de aletas de quenlla

O Consello da Unión  Europea prohibe sen excepcións a amputación das aletas das quenllas. No 2003 xa se prohibira, exceptuando certos casos mediante a concesión de permisos especiais. O antigo regulamento permitía ás flotas de España e Portugal, as únicas que se dedicaban a esa pesca, cortar a bordo dos buques as aletas das quenllas. Unha vez obtida a parte máis valorada do animal, tiraban o resto do corpo. O novo regulamento elimina calquera tipo de excepción e obrigará ós buques pesqueiros a desembarcar todos os exemplares de quenllas con aletas adheridas. Así as aletas e os corpos xa non poderán ser descargados en portos distintos, facilitando a súa detención e control. Os pescadores españois calculan que este cambio lexislativo ocasionará unha perda de entre 9 e 10 millóns de euros ó sector.

Tanto as quenllas como as raias son especies moi vulnerables á sobreexplotación e nos últimos anos algunhas poboacións destes peixes víronse en perigo pola súa alta demanda en países asiáticos, para a cociña ou elaboración de remedios tradicionais. A asociación a favor dos animais Humane Society International celebra a aprobación desta nova lei, xa que elimina esas “lagoas” lexislativas da de 2003. A súa directora, Joanna Swabe, por medio dun comunicado expresa a súa satisfacción e aproveita para subliñar que decenas de miles de quenllas morren ó ano nos océanos debido a este tipo de pesca. Recorda ademais que a UE é un dos maiores exportadores de aletas a Asia, pese a que un terzo das quenllas e raias están consideradas en perigo de extinción pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Fontes de información:http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/07/natura/1370598056.html

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

No hay comentarios: