domingo, 2 de junio de 2013

De primeiro insectos e de segundo medusas.

Tras a súa polémica recomendación a favor do consumo de insectos, a FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación) propón desenvolver produtos alimenticios a base de medusas para facer fronte a súa proliferación, que se converteu nunha “ameaza para a pesca”.
Afirma que o rápido aumento do número destes celentéreos no Mediterráneo e no Mar Negro pode ser unha das causas do descenso das poboacións de peixes nestes ecosistemas mariños. A sobrepesca de depredadores mariños é a que nos leva a esta situación, xa que favorece á proliferación das medusas. Ademais as poboacións de peixes afectados pola pesca excesiva son difíciles de recuperar xa que as medusas se alimentan das súas larvas, creando así un círculo vicioso. Outras posibles razóns deste aumento son o quentamento global, que incrementa as especies de latitudes tropicais; a eutrofización, que fai que aumenten os nutrientes no auga; e o uso de diques para evitar a erosión costeira, que constitúen o hábitat ideal para as medusas.
En países coma China, Corea ou Xapón o consumo de medusas é algo habitual. As especies asiáticas son similares ás mediterráneas, pero só hai unha especie das nosas augas comestible: a Cotylorhiza tuberculata. As demais especies deberían someterse a tratamentos para eliminar os tóxicos, o que elevaría o seu prezo demasiado para facelo rentable. Josep Maria Gil, investigador do CSIC e membo do Instituto de Ciencias do Mar, recalca que o 95% das medusas é auga e que o restante 5% son proteínas débiles, o que supón que teriamos que consumir moita para satisfacernos. "Trátase dun complemento dietético pero para nada é un alimento prioritario", conclúe Gil.
O seu uso para medicamentos e outros produtos biotecnolóxicos tamén é válido. Por exemplo, a turritopsis nutricula, máis coñecida como “medusa inomortal”, é capaz de intervir no proceso de envellecemento e podería ser obxeto de estudos para elaborar produtos rexenerativos para seres humanos.

Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A

2 comentarios:

Unknown dijo...

Antía fala de eutrofización, podería explicar este concepto?

Antía Quintana dijo...

A eutrofización é o aumento excesivo de nutrientes químicos (especialmente nitróxeno e fósforo) nun ecosistema acuático. Estes son o principal alimento do fitoplancto (organismos acuáticos microscópicos autótrofos), facendo que aumente o seu número xa que se reproducen facilmente. Iso fai que a auga teña un color verdoso. Cando o fitoplancto morre, a súa descomposición fai que o auga quede pobre en osíxeno, ocasionando a morte de peixes e outros animais e a formación de gases tóxicos ou cheiros desagradables.