domingo, 2 de junio de 2013

Coellos a partir de óvulos conxelados.

Por primeira vez en España, a técnica da criopreservación deu os seus froitos co desenvolvemento de coellos a partir da fecundación “in vivo”, con óvulos previamente conxelados.
Conta o investigador do Grupo de Mellora Xenética Animal da Universidade Politécnica de Valencia, que o proxecto comezou na década dos 90 e tras quince anos de traballo, conseguiuse que hai uns días naceran tres crías de coello sanas que evolucionan correctamente.
O Grupo de Mellora Xenética Animal conseguiu, mediante a selección xenética, producir certas características nos animais, como a creación de coellos con mellores aptitudes maternais e así ser capaces de sacar adiante as súas crías.

A investigación ten por obxectivos o desenvolvemento de técnicas de criopresevación de óvulos e embrións, así como os seus efectos sobre o desarrollo embrionario e fetal., Aínda que a técnica aínda se atopa en vías de experimentación, espérase que nun futuro sirva para aplicacións biotecnolóxicas como as tecnoloxías de reprodución asistida, a conservación de recursos xenéticos e a obtención de células nai embrionarias.

 Fontes de información:
Gloria de las Heras, 1ºbach, D.

2 comentarios:

Carmen Cid Manzano dijo...

Gloria poderías explicar que é a criopreservación?

Gloria de las Heras dijo...

A criopreservación é o proceso no cual células, tecidos, órganos ou mesmo individuos completos son sometidos a moi baixas temperaturas para a súa conxelación,(rondando os -80/-196 º) para diminuir as funcions vitais dunha célula ou un organismo e mantelo nun estado de vida suspendida por longos periodos de tempo.
Os seus usos máis comúns entran dentro do campo da experimentación con embrións, células nai e gametos.