domingo, 2 de junio de 2013

Primeira fotografía dunha molécula rompéndose e creando novos enlaces

Conséguese por primeira vez fotografar os procesos de ruptura e creación de enlaces entre átomos dunha molécula exposta a unha reacción química. O estudo foi levado a cabo por científicos da Universidade de Berkeley (EEUU) e a Universidade do País Vasco e inclúese entre as investigacións destacadas da edición online da revista Science Express. Será ademais publicado na edición en papel  de Science a mediados de xuño baixo o nome de “Direct Imaging of Covalent Bond Structure in Single-Molecule Chemical Reactions”. 
Dimas Oteyza, primeiro autor do artigo, explica que os perfiles rexistrados tras facer reaccionar as moléculas “mostran claramente como se forman novos enlaces químicos e como os átomos dentro das moléculas se reorganizan para formar novas estruturas”. Esta investigación tamén ten relevancia para a fabricación de novos materiais e aparatos electrónicos de medida de alta precisión a escala nanométrica.

Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

No hay comentarios: