sábado, 15 de junio de 2013

O ADN humano non pode ser patentado

O tribunal Supremo de EEUU fallou o pasado xoves que os xenes humanos non poden ser patentados: o material xenético extraído do corpo humano non pode ser propiedade de ningún laboratorio ou compañía científica aínda que lograra illalo.
            Con esta decisión resolveuse un litixio coa compañía de biotecnoloxía  Myriad Genetics Inc. que reivindicara a propiedade de dous xenes,  o BRCA1 e  o BRACA2 relacionados cunha maior probabilidade de herdar o cancro de mama ou de ovarios respectivamente.
            Dita compañía, especializada nas probas de ADN, análise que sirve para determinar se unha persoa é xeneticamente propensa a unha enfermidade, patentou a secuencia destes xenes relacionados con tumores malignos nos anos 90, tras illalos e clonalos satisfactoriamente coa colaboración da Universidade de Utah. Tras patentar o seu descubrimento, creou un test médico relacionado coa mutación (BRA Canalysis). Ninguén podía investigar sobre eses xenes nin desenvolver aplicacións médicas. Debido a patente as probas diagnósticas eran, e son, moi caras (ata 4000 dólares) e non están ó alcance de todo o mundo.
            A compañía foi demandada por investigadores de distintas Universidades e pola Asociación para a Patoloxía Molecular (APM) ante o tribunal de Distrito Sur de New York, que lle deu a razón no ano 2010, pero Myriad apelou xa que afirmaban que eles obtiveran o contido xenético asociado ás enfermidades.
            O pasado xoves, a Corte Suprema estadounidense sentenciou que un xene que exista na natureza non é algo patentable. “As leis da natureza, os fenómenos naturais e as ideas abstractas son ferramentas fundamentais para o traballo científico e tecnolóxico que non entran no ámbito de protección das patentes” conclúe a sentenza.
            Sen embargo, o tribunal deixa aberta a porta, a que poida patentarse o ADN sintético “xa que non foi producido de xeito natural”.

Influirá esta decisión en futuras investigacións, como asegura a compañía?


Fontes de información:



Iago Rodríguez Peña 1º BACH A

No hay comentarios: