sábado, 15 de junio de 2013

Escuros neboiros sobrevoan a ciencia española

Sumándose á crecente insatisfacción e denuncia da comunidade científica española, onte, na prestixiosa revista Science, publicouse unha carta á opinión pública, titulada “Dark Clouds over Spanish Science”, na que tres científicos españois analizan o plan nacional de I+D+i para 2013-2016 realizado polo Goberno de Mariano Rajoy. Nela, maniféstanse e argumentan contra a alarmante política de recortes en investigación e a orientación que lle pretenden dar a uns fondos xa de seu moi minguados.
Así, afirman que  mellorar a I+D privada é benvido, pero redirixir fondos cara á investigación privada e aplicada, xunto cos grandes recortes no orzamento, achega o risco de minar os esforzos por mellorar a investigación básica.
A carta está asinada por tres prestixiosos científicos: Luís Santamaría, presidente da Asociación para o Avance da Ciencia e a Tecnoloxía en España; Mario Díaz, investigador de IMEDEA e presidente do Comité Científico da Sociedade Española de Ornitoloxía SEO/Birdlife; e Fernando Valladares, presidente da Asociación Española de Ecoloxía Terrestre e investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturais.

Fontes de información:

Antía Quintana Gallego, 1º BACH A 

No hay comentarios: