viernes, 22 de noviembre de 2013

NEUTRINOS EXTRATERRESTRES ECONTRADOS NO POLO SUR

Investigadores de Estados Unidos constrúen un cubo dun quilómetro por un quilómetro enterrado a 2.500 metros de profundidade baixo o xeo da Antártida para observar os neutrinos que chegan dende o Universo. Este cubo, chamado IceCube, esta formado por 276 científicos de diferentes países, que por primeira vez detectaron neutrinos (un tipo de partículas subatómicas que poden xerarse no Sol, en fenómenos astrofísicos como o Big Bang, o CERN ou nas centrais nucleares) cunha alta enerxía procedentes de afastadas galaxias.

  neutrino de máis alta enerxía captado no observatorio IceCube


O que nos pode achegar este descubrimento é que se poida extraer información dos devanditos neutrinos para facer Astronomía. Este achado, compárano algúns dos investigadores coa primeira vez que utilizamos os raios X ou a radiación Gamma, dúas técnicas que revolucionaron a astronomia moderna.

Detectáronse 28 neutrinos, parecerán poucos pero o que nos interesa é a súa enerxía que é millóns de veces superior aos neutrinos solares ou da Supernova. Grazas á creación do IceCube temos un observatorio para poder detectar estes neutrinos que nos abre unha porta para a exploración do espazo.



Conseguismos capturar eses neutrinos cuns buratos, nos que se deslizan unhas cordas cuns detectores do tamaño de pelotas de baloncesto. Son esas esferas as que conseguen detectar os sinais dos neutrinos. Dous dos neutrinos teñen unha enerxías por enriba dos 1.000 millóns de MeV. Tan importantes son que lles puxeron un alcume: Ernie e Bert (Epi e Blas).





-Un dos buratos do IceCube, taladrados no xeo.




1 comentario:

Unknown dijo...

Pon un hipervínculo que leve ao concepto de neutrino.