domingo, 12 de enero de 2014

Field, investigando sobre o Cambio Climático

Noticia do 9 de xaneiro de 2014
 
Christopher Field é un biólogo e catedrático estadounidense da Universidade de Stanford que gañou o premio BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría do Cambio Climático por descubrir a importancia dos ecosistemas e a súa adecuada xestión como potentes ferramentas contra o cambio climático e por aportar unha mellor comprensión das interaccións entre a dinámica das prantas e os ecosistemas terrestres e o CO2 liberado polas actividades humanas. Dirixe o Departamento de Ecoloxía Global da "Carnegie Institution for Science" e copreside o IPCC (Panel Intergubernamental sobre o Cambio Climático) que trata sobre os impactos, adaptacións e vulnerabilidade.
Ademáis, a revista Nature citouno xunto con outros catro científicos, explicando que vai ter unha grande importancia no 2014.



Field dice que hay que actuar agora para que o impacto sexa o menor posible, menos caro e para que sexa menos difícil xestionar as consecuencias do calentamento global.
Conseguiu determinar o efecto da deforestación, da agricultura e doutras alteracións da cuberta vexetal sobre o clima global e establecer unha xestión adecuada para reducir o impacto do cambio climático. 
Este biólogo explica que a vexetación terrestre pode modificar a radiación solar que absorbe o planeta e a evaporización do auga e investigou a capacidade das prantas para absorver o CO2 e actuar como sumidoiros. Tamén comentou que en canto as relacións entre desastres naturais e cambio climático saben que as ondas de calor e as inundacións serán máis frecuentes en moitos lugares da Terra, pero os furacáns e a actual onda de frío en EE.UU. aínda non o saben.

Unha vez determinadas e establecidas todas as explicacións e as solucións sobre este gran problema que moita xente aínda non ve, ¿levarase a cabo a tempo? ¿conseguiremos frear o quentamento global?




http://www.abc.es/sociedad/20140109/abci-christopher-field-fronteras-conocimiento-201401091318.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/01/09/actualidad/1389289939_056367.html


SIRA PRIETO GONZÁLEZ
1ºA

No hay comentarios: