domingo, 12 de enero de 2014

O pariente belga dos primeiros mamíferos carnívoros

Acháronse recentemente novos fósiles dun pequeno mamífero bautizado como Dormaalcyon latouri, que están resultando de gran axuda aos científicos para averiguar a orixe dos actuais animais carnívoros.
Aínda que este animal xa era coñecido, o achado de novos fósiles, entre os que hai pezas dentais de leite e ósos das súas patas, na localidade de Doormal, permitíu coñecelo mellor.
Segundo explican, Dormaalcyon latouri, era un pequeno e áxil mamífero carnívoro que debía pesar un kilo aproximadamente e que se desplazaba polas ramas das árbores.



As reconstrucións que se fixeron suxiren que habitaba lugares cálidos, húmidos e nos que abundasen árbores. "Non era unha especie nin impresionante nin temida, e probablemente se alimentaba de pequenos mamíferos e insectos", afirma Solé, investigador no Real Instituto Belga de Ciencias Naturales, en Bruxelas.
Segundo aseguran, tanto as pezas dentais coma os ósos, encóntranse en bo estado de conservación, "Os dentes ofrécennos importante información sobre a variabilidade morfolóxica, que era moi pouco coñecida nos mamíferos carnívoros desa idade. Tamén temos catro mandíbulas que respaldan que había diformismo sexual", engade.
Os autores do artigo cren que a orixe destes carnívoros puido estar no territorio que hoxe é Europa, e expandirse cara a América do Norte. Solé prefire non utilizar os conceptos antecesores e descendentes xa que todavía no é nada seguro. Sen embargo engade que "Dormaalocyon está na base dos Carnivoramorphans e polo tanto, está estreitamente vinculado aos antecesores dos carnívoros actuais."
Credes que este animaliño pode levarnos a descubrir a orixe e historia dos nosos carnívoros?


Fonteshttp://www.elmundo.es/ciencia/2014/01/07/52caf7a1ca4741fe7b8b456d.html

ANA RODRÍGUEZ VILAS 
1º BACH A





No hay comentarios: