martes, 18 de febrero de 2014

COMO CONSEGUIMOS TER CARA

Os vertebrados que coñecemos hoxe en día, máis de 50.000 de especies, onde nos encontramos nós, caracterizámonos por ter mandíbula. Son uns poucos os que carecen dela. Os científicos saben que evolucionamos a partir dos que non a tiñan ,una espectacular transformación anatómica que cambiou completamente a forma da cara. Un equipo de investigadores franceses e suecos descubriu novas probas que mostran a orixe desta parte tan significativa da nosa anatomía e o fixeron grazas a imaxes de raios X, mostran como unha seria de fósiles de 410 millóns de anos dun peixe chamado Romundina. Documentan a formación da cara durante a transición evolutiva na revista Nature.


reconstrucción do cráneo fósil de Romundina

O Romundina ten foxas nasais esquerda e dereita separadas, como as nosas, pero aséntanse detrás dun labio superior como o dun vertebrado sen mandíbula. «Este cranio é unha mestura de características primitivas e modernas, polo que é un fósil inestimable», di Vincent Dupret, da Universidade de Uppsala, un dos dous autores principais do estudo.

Utilizando raios X no Sincrotrón Europeo(ESRF) en Grenoble, Francia, analizan a estrutura do cranio. «En efecto, Romundina ten a construción dun vertebrado con mandíbula, pero as proporcións dun ser sen ela», di Per Ahlberg, da Universidade de Uppsala e coautor do estudo. «Isto móstranos que a organización dos principais bloques de tecidos foi o primeiro que cambiou, e que a forma da cabeza chegou despois».

Colocando o Romundina nunha secuencia doutros peixes fósiles, algúns máis primitivos e outros máis avanzados, os autores foron capaces de trazar as principais etapas desta importante transición na historia da evolución.


Fontes de información: http://www.abc.es/ciencia/20140212/abci-conseguimos-tener-cara-201402121821.html , http://www.nature.com/

1 comentario:

Carmen Cid Manzano dijo...

400 millón onte tendo en conta a idade da Terra